spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán conmemorará un ano máis o 25N baixo o lema 'Non da...

Nigrán conmemorará un ano máis o 25N baixo o lema ‘Non da igual’

Nigrán conmemorará un ano máis o 25N baixo o lema 'Non da igual'A iniciativa municipal inclúe a representación dunha peza teatral nos dous institutos e no Auditorio Municipal, un curso gratuíto de autodefensa e unha concentración e lectura de manifesto no propio día

Revista COUSAS DE Nº15

O Concello de Nigrán sumarase como cada ano á conmemoración do ‘Día Internacional Contra A Violencia de Xénero’ o 25 de novembro coa celebración durante todo o mes de diversos actos alusivos e coa campaña baixo o lema ‘Non dá igual – 25 N contra as violencias machistas’. Por este motivo, novamente o Concello invita aos establecementos comerciais, entidades ou colexios a que se adhiran e soliciten participar para así facilitarlles material promocional ao respecto. Os interesados só teñen que enviar un mail o cim@nigran.org ou whatsapp ao 650271896 ou chamar o teléfono do CIM (Centro de Información as Mulleres) 986383081 facilitando en todo caso os datos de establecemento ou entidade social (nome, enderezo, telefono e mail) e os datos dunha persoa de contacto.

A campaña pretende afondar naquelas situacións nas que se exerce un maltrato sutil, difícil de identificar para as vítimas e incomprensible para as persoas da súa contorna familiar, social e laboral, que abranque comportamentos que van dende o illamento familiar ou social, o control económico ou o control das comunicacións, ata as humillacións e menosprezos… Con demasiada frecuencia as vítimas normalizan comportamentos como revisar o seu teléfono móvil, a reprobación da súa forma de vestir, o control das amizades, ou a desvalorización das súas opinións, pensando que “non é para tanto” ou que “dá igual”

Dentro das actividades programadas representarase a peza teatral “Golpes”, dirixida por Xosé Leis e interpretada pola actriz Estíbaliz Veiga, nos dous institutos de Nigrán e o día 26 no Auditorio Municipal. “Golpes” denuncia, dun xeito directo e sen ambaxes, a violencia machista a través da voz de Pamela, unha muller que namorou baixo os postulados do amor romántico e rematou sendo vítima de violencia. Pamela recibiu moitos ‘Golpes’ , pero o mais grande foi verse a sí mesma transformada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase polo mesmo.

Igualmente, dentro da programación ofrécese un curso de defensa persoal destinado a mulleres os días 21 e 28 de novembro no Pavillón deportivo de 9:30 h. a 13:30 horas. Terán preferencia as mulleres empadronadas no Concello de Nigrán e o período de inscriciónrematará o día 15 de novembro (teléfono 986383081 ou no correo: cim@nigran.org).

Finalmente, como cada ano, o propio día 25 de Novembro ás 11:00 horas terá lugar unha concentración e lectura de manifesto na Praza do Concello.

- Publicidade -spot_img