spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres...

Nigrán conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun concerto especial e actividades infantis

nigran-conmemora-dia-internacional-da-eliminacion-da-violencia-as-mulleres-cun-concerto-especial-e-actividades-infantisA banda liderada pola cantante Isis versiona clásicos do soul, rock ou funk, destacando temás míticos de mulleres como Aretha Franklin ou Amy Winehouse

O Concello de Nigrán conmemora mañá sábado no Auditorio Municipal o ‘Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres’ cun concerto e actividades para os pequenos. Así, ás 18:00 horas Volvoreta e Voltereta ofrecerán un obradoiro infantil sobre igualdade con diferentes actividades e sempre cunha  mensaxe positiva ao respecto. Posteriormente, ás 20:00 horas, a banda viguesa Mr.Happy ofrecerá un concerto especial cun repertorio de versións centrado en temas clásicos do soul, blues, funk ou rock popularizados por mulleres como Aretha Franklin ou  Amy  Winehouse. Mr. Happy está liderado pola cantante Isis á voz, á que acompañan batería, guitarra e baixo. Antes do concerto se lerá o manifesto do 25-N.

Baixo o lema ‘Nigrán en Negro’ o Concello de Nigrán, a través do CIM, participa este ano nesta campaña de sensibilización  cidadá titulada #EnNegroContraAsViolencias que se leva a cabo en 75 localidades de Galicia e que consiste en vestir de loito os establecementos do municipio. A maiores, o Concello ofrece este programa de actividades para o sábado 25, o propio ‘Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres’.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.