spot_img
InicioVal MiñorNigránA Mostra 'A outra cara de África' amosa a riqueza cultural do...

A Mostra ‘A outra cara de África’ amosa a riqueza cultural do continente con máis de 200 pezas expostas

mostra-outra-cara-africa-amosa-riqueza-cultural-do-continente-mais-200-pezas-expostasCo concerto dos percusionistas de Bloquinho Aperta,  o Concello de Nigrán inaugurou a exposición ‘A outra cara de África’, comisariada por Ibrahima Niang e que permanecerá aberta ata o 14 de decembro no  Auditorio Municipal.

A mostra, dirixida prioritariamente a un público escolar ou entidades, reúne máis de 200 pezas representativas da vida e cultura deste continente, como instrumentos rituais, obxectos de culto, máscaras, utensilios domésticos, amuletos, xoguetes, etc. Os centros educativos, entidades culturais ou grupos dun mínimo de 10 persoas interesadas en realizar unha visita guiada de 60 minutos a cargo de Ibrahima Niang poden solicitalo directamente no Concello de Nigrán a través da Oficina de Información Cidadá. Ao  mesmo tempo, permanecerá aberta para todo o público de 10:00 a 13:30.

“Cremos que é unha oportunidade excelente para que todos aprendamos máis sobre a riqueza deste continente, pero especialmente os máis cativos”, reflexiona o alcalde, Juan González. Pola súa banda, Ibrahima suliña que un dos obxectivos da exposición é divulgar os valores e riquezas de África e combatir ao mesmo tempo o racismo, a xenofobia ou calquera discriminación.

En resumo, África, a gran descoñecida, móstrase á cidadanía para ofrecer a diversidade e a riqueza das súas culturas e a súa autenticidade, a través do achegamento respectuoso á súa artesanía, relixión, arte, etc., para descubrir unha sociedade con múltiples contrastes, para coñecer mellor a realidade dun pobo, reducir as distancias e compartir a esencia dunha cultura.

Ibrahima Niang, natural de Mauritania, é un coñecido representante da comunidade africana en Vigo, é fundador da asociación Aida (Asociación para la Integración del Africano) e adica boa parte da súa vida a axudar aos seus compatriotas en Galicia e a divulgar a cultura e patrimonio do seu continente.

- Publicidade -spot_img