spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán celebra un Pleno Infantil para conmemorar o Día Mundial do Neno...

Nigrán celebra un Pleno Infantil para conmemorar o Día Mundial do Neno e a Nena

Nigrán celebra un Pleno Infantil para conmemorar o Día Mundial do Neno e a NenaA sesión estivo formada por unha vintena de representantes do Consello de Participación Infantil e Xuvenil, unha voceira das Anpas, o alcalde, as concelleiras de Educación e de Servizos Sociais e público

Revista COUSAS DE Nº15

O Concello de Nigrán acolleu onte unha sesión plenaria especial protagonizada polos nenos e nenas de Nigrán a través do Consello de Participación Infantil e Xuvenil municipal. Este foi o acto central da localidade coincidindo coa efeméride o domingo 20 de novembro do Día Mundial do Neno e a Nena, nunha semana na que ademais 10 membros do Consello acudiron ao Parlamento de Galicia acompañados do alcalde e as ediles de Educación, Igualdade e Servizos Sociais para participar tamén nunha sesión similar con representantes de consellos de 11 municipios de toda a comunidade.

A vintena de nenos e nenas, representando aos diferentes centros educativos da localidade,  expuxeron as súas preocupacións ante o alcalde, as concelleiras de Educación e de Servizos Sociais, unha voceira das Anpas e público.

As peticións da rapazada centráronse na súa preocupación polo medioambiente e a saúde mental. Neste sentido, propuxeron que nos centros educativos os baños sexan sen indentificación de xénero e que exista a figura dun coordinador de Benestar para previr o acoso. Igualmente, incluíron peticións como maior flexibilidade á hora de outorgar bolsas (no sentido de que se prime o esforzo e non só o resultado numérico da avaliación), límites drásticos no consumo de auga por persoa, subida de impostos aos máis ricos ou potenciar espazos para a mocidade e a infancia. Os representantes do CEE Juan María realizaron a petición concreta de habilitar na nova Biblioteca un apartado de libros deseñados segundo o método de ‘Lectura Fácil’, cuestión que o alcalde se comprometeu a realizar. Igualmente, desde as ANPAs centraron a súa exposición na preocupación pola saúde mental das crianzas.

A xornada rematou coa lectura do manifesto sobre saúde mental que o martes leron no Parlamento de Galicia.

- Publicidade -spot_img