spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaDani Martínez e Diana Domínguez gañadores absolutos da novena edición do Trail...

Dani Martínez e Diana Domínguez gañadores absolutos da novena edición do Trail do Trega

Dani Martínez e Diana Domínguez gañadores absolutos da novena edición do Trail do TregaO pasado 20 de novembro o municipio da Guarda acolleu a novena edición do Trail do Trega, unha proba deportiva con 16 quilómetros de percorridos de pura natureza patrimonial e paisaxística nun dos emprazamentos máis espectaculares de Galicia e de todo o noroeste peninsular.

Revista COUSAS DE Nº15

A xornada non comezaba doada, xa que as abundantes precipitacións dos últimos días continuaron durante  realización da proba, o que, sumado a unha intensa néboa, adiantaban que o evento ía a ser moi duro para os máis de 300 participantes inscritos.

Ás 10:30h daba comezo o trail e rapidamente os participantes puxeron un alto ritmo que perdurou ao longo da carreira, tanto na categoría masculina coma na feminina. Nos primeiros dous quilómetros de percorrido o grupo de favoritos xa se atopaba en primeiros postos, a parella formada por Dani Martínez e José Manuel Gil adiantouse a un ritmo que non puideron seguir o resto de corredores e ao paso polo primeiro cumio do Monte Santa Trega o corredor Dani Martínez do Club Cornelios xa se distanciou collendo a vantaxe precisa para chegar en primeiro lugar ata a liña de meta, seguido de José Manuel Gil en un terceiro posto Jose Manuel Gonzalez Domínguez, que foi quen de remontar varios postos na parte máis técnica da carreira.

Pola súa banda a favorita da categoría feminina, Diana Domínguez, cumpriu coas previsións e superou a todas as suas rivais dende o quilómetro 0, acadando a vitoria que dominou de inicio a fin, distanciando en máis de dous minutos á segunda clasificada, Lourdes Vázquez, e a máis de 4 minutos a Raquel Doiro.

No acto de entrega de premios estiveron presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes ea deputada Provincial Iria Lamas.

- Publicidade -spot_img