spot_img
InicioVal MiñorBaionaO naturópata vigués Javier Akerman abrirá este venres en  Baiona o III...

O naturópata vigués Javier Akerman abrirá este venres en  Baiona o III Ciclo de Conferencias de Saúde e Benestar

naturopata-vigues-javier-akerman-abrira-este-venres-baiona-iii-ciclo-conferencias-saude-e-benestarO naturópata vigués Javier Akerman abrirá este venres, día 19 de xaneiro en Capitanía Marítima de Baiona ás 19:30 horas o III Ciclo de Conferencias de Saúde e Benestar, que organiza o Concello de Baiona. Nesta ocasión, Akerman falará sobre a “A dimensión espiritual da enfermidade. A sanación interior.”

O resto de intervencións serán na Casa de Navegación. Así o 23 de febreiro será a quenda do oftalmólogo Dr. Alawi Ao Foad, que disertará sobre “Saúde ocular fronte ás pantallas”. O 16 de marzo a nutricionista D.ª Gloria Pérez falará sobre “ Ho, oponopono como filosofía de vida”.

No mes de abril, o día 20 poderemos escoitar ao Fisioterapeuta e Enfermeiro D. Moises López cuxa relatorio versase sobre “Saúde e exercicio, traballar desde a prevención”. Pola súa banda o venres, 18 de maio o Médico Dermatólogo, D. J. Luís Pozo realizará a súa exposición a través da conferencia “A nosa pel fálanos”.

O programa finalizará o 15 de xuño coa Psicóloga, Psicoterapeuta, Terapeuta familiar e de parella, D.ª Ruth Rokiski cun tema moi interesante nestes momentos “Como vivir sen ansiolíticos nin antidepresivos”. O obxectivo de cada relator é transmitir tanto os seus coñecementos como as súas vivencias profesionais e fomentar e concienciar sobre a importancia na prevención de enfermidades e dos beneficios dunha vida saudable

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.