spot_img
InicioBaixo MiñoO 'Cocido en Ruta' chegou a Tui para promocionar Lalín, o Camiño...

O ‘Cocido en Ruta’ chegou a Tui para promocionar Lalín, o Camiño de Inverno e a Feira do Cocido

cocido-ruta-chegou-tui-promocionar-lalin-camino-inverno-e-feira-do-cocidoEsta mañá o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, acompañado do alcalde de tudense, Carlos Vázquez Padín, presentou na Casa do  Concello de Tui a edición número 50 da Feira do Cocido de Lalín.

Foi o Alcalde de Tui quen comezou dando a benvida o rexedor lalinense e destacando a boa relación persoal e ao mesmo tempo su vinculación persoal con Lalín e concellos limítrofes. Finalmente quixo trasladarlle a súa felicitación pola Festa e ao mesmo tempo expresoulle o seu desexo de poder facer tamén promoción de algún evento similar de Tui no concello de Lalín.

Pola súa banda, Rafael Cuiña, comezou dicindo estar “especialmente contento de estar hoxe en Tui promocionando o prato rei da cociña galega “O Cocido”. Tamén explicou que “Quixemos estar hoxe en Tui pola importancia que ten la Vila, que é un vinculo de unión entre Galicia e Portugal”

Aproveitó para “convidar a todos os tudenses a que se acheguen a Lalín, a vir aos actos do Cocido, para que coñezan a nosa gastronomía e que se sentan coma na casa e públicamente convido ao alcalde a que veña aos actos centrales do próximo día 4”

No que respeita cos anos anteriores explicou que “o que estamos facendo estes  anos é premiar, como se fai en Asturias cos concejos exemplares, a idea de aldea singular, polo que todos os anos as parroquias compiten entre elas para ver cal e mellor proxecto de dinamización e mellora de infraestructuras cun premio de entre 15 e 20000 euros . O que queremos é apoiar a Galicia rural a Galicia interior”

En canto a calidade e o prezo o Alcalde de Lalín destacou que pódese “comer cocido desde 25 euros ata 40 euros e que hai variedade para case todos os bolsillos, sempre cunha calidade mínima exixida , que é unha calidade alta.”. Aproveitó tamén para subliñar que “nos facemos un seguimento das calidades, hai enquisas de calidade que se fan desde fai tempo e datos todos os anos e se hai queixas xeneralizadas de que un restaurante baixo a calidade, sacámolo da promoción do cocido.”cocido-ruta-chegou-tui-promocionar-lalin-camino-inverno-e-feira-do-cocido

A continuación, Cuíña e Vázquez Padín acudiron ao Bus do Cocido, un vehículo promocional da Feira, que estará estacionado durante o día de hoxe na Corredoira (entre a Igrexa de San Francisco e o Seminario), onde o público poderá desgustar unha tapa baseada no cocido de Lalín, así como diferentes produtos gastronómicos de Lalín.

O Bus do Cocido é unha iniciativa promocional que permitirá difundir os atractivos turísticos de Lalín, o Camiño de Inverno e a 50 edición da Feira do Cocido por diferentes vilas de Galicia e Castela e León nas vindeiras semanas.

Así, dende o centro xeográfico de Galicia este autobús clásico iniciou hoxe o seu percorrido en Tui e nos vindeiros días lle levará a visitar tamén as vilas de Moaña, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras, ou as cidades de Ponferrada e Santiago de Compostela. En concreto o bus despois de o seu paso hoxe por Tui, estará o día 16 de xaneiro en Moaña o día 20, o 24 en Monforte de Lemos, o 25 en Ponferrada, o 29 no Barco de Valdeorras e rematará o seu itinerario en Santiago de Compostela o día 31, antes de regresar a Lalín na fin de semana da Feira do Cocido.

cocido-ruta-chegou-tui-promocionar-lalin-camino-inverno-e-feira-do-cocidoAproveitando as sinerxias que ofrece a Feira do Cocido -un dos principais polos de atracción de visitantes a Lalín- o vehículo converterase nunha completa oficina turística móbil que, grazas á súa versatilidade e características facilitará o desenvolvemento dunha intensa campaña de promoción de toda a oferta turística de Lalín, pasando pola gastronómica, a comercial, a hostaleira, a cultural, a paisaxística e natural ou a patrimonial e histórica, entre outras. Nesta ocasión, farase especial incidencia na difusión do Camiño de Inverno, que é un dos dous que pasa por Lalín.

É a máis nova das rutas xacobeas oficiais e, en consecuencia, unha das menos coñecidas para o público, o que fai necesario incidir de maneira especial na súa promoción para dala a coñecer e incrementar así o número de peregrinos que fan de Lalín non só lugar de paso, senón tamén de estancia no seu camiño a Santiago de Compostela. Por outra banda, cómpre salientar que o Concello de Lalín aprobou por unanimidade no Pleno do pasado 1 de decembro a súa adhesión á Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, que ten entre os seus fins a protección e promoción desta ruta xacobea.

O Bus do Cocido constitúe xa unha marca de identidade de Lalín e a súa Feira. Trátase dun o autobús tipo inglés ou clásico de dous pisos, con cociña incorporada e espazo para a realización de difusión turística, presentacións, actos e degustacións. Grazas á mobilidade, versatilidade e dimensións que posúe este vehículo, garántese a actividade de difusión turística de Lalín en xeral e da Feira do Cocido e o Camiño de Inverno, en particular. O autobús vai rotulado co escudo de Lalín e o lema “Lalín, un interior único”, tamén contará con todo o material de promoción turística e cultural do Concello (rueiro, todos os folletos sobre os diferentes atractivos turísticos de Lalín) e unha pantalla de televisión para a emisión dos diferentes videos promocionais do municipio, entre outros recursos.

Tamén dispone dos elementos promocionais sobre as actividades da L Feira do Cocido, así como dos pins e cartelería do evento. Ao mesmo tempo -e tendo en conta a importancia da nosa gastronomía como factor diferencial da oferta do municipio- o feito de que conte con cociña propia tamén propiciará o desenvolvemento de actividades puntuais e degustacións que permitirán poñer en valor a elevada calidade da nosa hostalería e aos novos valores da cociña lalinense. Finalmente, as posibilidades que ofrece o vehículo serve para levar unha ampla mostra do produto feito en Lalín, complementando de maneira ideal a campaña de promoción “Se é de Lalín é bo”, así como en xeral a oferta comercial do municipio.

 

- Publicidade -spot_img