spot_img
InicioLatinoaméricaGalicia comparte con Perú os seus coñecementos sobre o sector cárnico

Galicia comparte con Perú os seus coñecementos sobre o sector cárnico

galicia-comparte-peru-os-seus-conecementos-sector-carnico-escoitarTrátase dun proxecto das ONG Taller de Solidaridad e Entreculturas que conta con apoio económico da Xunta de Galicia.

O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), dependente da Consellería do Medio Rural, levará ata América do sur o seus coñecementos ao respecto da produción cárnica para axudar ás comunidades locais de Perú. En concreto, o especialista do CTC Constantino Bragada está xa no país andino para realizar unha asistencia técnica no centro de procesamento de cuyes Quehuarsuyo de Andahuaylillos (Cuzco) grazas a un proxecto solidario desenvolvido polas ONG Taller de Solidaridad e Entreculturas e que conta con financiamento autonómico.

O cuy é un roedor comestible de América que constitúe un dos pratos principais da gastronomía peruana. Así, o obxectivo da viaxe é asesorar aos emprendedores dos centros de produción desta carne promovidos pola asociación Jesús Obrero (CCAIJO).

O principal obxectivo do proxecto solidario que arrancou hai catro anos é mellorar a calidade da produción e conseguir articular o consumo dos produtos agropecuarios locais mediante o desenvolvemento dunha ruta agroalimentaria ao longo da estrada interoceánica sur, entre os distritos de Ccatcca e Ocongate, en Cuzco. De feito, xa o ano pasado un equipo de Jesús Obrero acompañados polas ONGs tiveron a oportunidade de viaxar a Galicia para coñecer a nosa forma de traballo e produción. Visitaron, ademais do propio centro da carne, a Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago, o centro de educación de Hostelería na Coruña e empresas como Queixerías Bama.

Plan de viaxe

Nesta ocasión, o técnico de Medio Rural, acompañado por funcionarios do goberno rexional e persoal das ONG, coñecerá o matadoiro de cuyes de Combapata. O obxectivo é que experto da Xunta teña todos os datos sobre a carne de cuy para que a súa asesoría técnica aporte valor á produción. Aboradarase tanto o tratamento e conservación da carne, como o desenvolvemento das presentacións, e explicarase como o deseño da infraestrutura e o equipamento repercuten na calidade final do produto.

Este proxecto quere contribuír á superación da pobreza e a exclusión da poboación rural da provincia de Quispicanchi mediante a diversificación e a articulación do mercado agropecuario e agroindustrial. O obxectivo é chegar a preto de 200 empredendores do rural entre el produtores, transformadores e restaurantes.

 

- Publicidade -spot_img