Inicio Val Miñor Baiona "Mulleres en Acción, Violencia Zero" fai en Baiona unha crítica da masculinidade...

“Mulleres en Acción, Violencia Zero” fai en Baiona unha crítica da masculinidade celosa e posesiva

mulleres-an-accion-violencia-zero-fai-baiona-unha-crtica-da-masculinidade-celosa-e-posesivaMáis dun centenar de persoas presenciaron á performance de Iria Sobrado, “Titania”, que busca unha nova concepción da masculinidade a través do “Otelo” de William Shakespeare

A Presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, e do alcalde de Baiona, Ángel Manuel Rodal Almuiña, e a concelleira de Igualdade, Carmen Paredes, asistiu en Baiona a unha nova actuación artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, proxecto impulsado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra e pensado para dar visibilidade á loita contra a violencia machista, así como para dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

Máis dun centenar de persoas asistiron ós Xardíns da Casa da Navegación de Baiona para presenciar unha nova intervención artística do proxecto provincial “Mulleres en Acción. Violencia Zero”. Nesta ocasión a protagonista foi Iria Sobrado que, coa súa performance “Titania”, fixo unha crítica da masculinidade celosa e posesiva para buscar a través do “Otelo” de Shakespeare unha nova concepción, construíndo unha masculinidade que verdadeiramente si ame á muller.

Na súa intervención, Carmela Silva subliñou que “dende a Deputación de Pontevedra vemos con enorme preocupación o que acontece cada día na vida das mulleres. Dende o 2007 xa foron asasinadas 700 mulleres e sen embargo isto aínda non é un problema de estado. Temos que afrontalo como tal e poñer os recursos suficientes para erradicar esta lacra que é a violencia machista.”

Iria Sobrado é unha actriz carballiñesa e performer moi comprometida coa loita contra a violencia machista. Ten experiencia en teatro e performance dende 1999 e a súa carreira coma actriz é dilatada, participando en filmes coma “Diario dun skin” ou series de éxito coma “Pazo de familia”.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou no preludio da actuación a importancia deste programa apuntando que “queremos chegar a toda a provincia con accións que esperten a conciencia da sociedade. Con este programa o ano pasado chegamos a 10 Concellos e este ano a 25. O proxecto está tendo unha gran acollida e por iso teremos que intentar seguir ampliándoo.”

“Mulleres en Acción. Violencia Zero” reúne o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero.

Esta segunda edición do programa deu comezo en novembro do ano pasado en conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, e ten previsto recalar ó longo do ano en 25 concellos de toda a provincia (Vigo, Pontevedra, Marín, Tomiño, Cambados, Ponteareas, Nigrán, Vila de Cruces, O Porriño, Cuntis, Bueu, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Poio, O Grove, A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Cangas, A Estrada, Silleda, Salceda de Caselas, Meaño e Tui).

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies