Inicio Pontevedra Os participantes no "Depoemprega 2016" reciben os seus diplomas

Os participantes no “Depoemprega 2016” reciben os seus diplomas

os-participantes-no-depoemprega-2016-reciben-os-seus-diplomasO obxectivo deste programa é mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral entre as persoas máis vulnerables

A Deputada de Emprego, Montse Magallanes, entregou esta mañá no Salón de Actos do Edificio administrativo da Deputación de Pontevedra os diplomas de aproveitamento ós participantes no programa de emprego “Depoemprega 2016”, un programa destinado a persoas con diversidade funcional en situación de desemprego, mulleres desempregadas vítimas de violencia machista e persoas desempregadas menores de 30 anos.

No acto de entrega de diplomas, Montse Magallanes aproveitou para felicitar aos participantes neste programa e sinalou que “na Deputación de Pontevedra somos conscientes de que non estamos a pasar por unha boa situación e por iso para o noso goberno, na medida que nos permiten as nosas competencias, é unha obriga traballar para aumentar as oportunidades de inserción laboral e mellorar a calidade de emprego. Estamos orgullosos de proxectos como o Depoemprega 2016.”

Lembramos que “DepoEmprega 2016” foi un programa integrado de emprego que desenvolve a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Xunta de Galicia. Esta iniciativa, cunha duración de 12 meses (do 1 de setembro de 2016 ata o 31 de agosto do 2017) estivo dirixida á mellora da ocupación e a inserción laborais das persoas traballadoras en situación de desemprego nos concellos de Bueu, Cangas do Morrazo, Poio, Vigo e Pontevedra.

Así, con esta iniciativa a Deputación puxo en marcha unha oferta de formación para acadar certificados de profesionalidade, de prácticas en empresas e de busca de postos de traballo para aquelas persoas que xa teñen estudos e experiencia laboral e conta, ademais, cun apartado de autoemprego. O programa “Depoemprega 2016” contemplou o desenvolvemento de diferentes accións individuais e grupais. Entre outras dentro das accións levadas a cabo no marco do mencionado programa realizáronse prácticas profesionais non laborais e diferentes accións de formación para o emprego.

Durante estes meses, ó abeiro de “Depoemprega 2016”, realizáronse prácticas profesionais en xardinería, atención sociosanitaria en institucións sociais, limpeza e lavandería, educación infantil e cociña. Amais, en canto a labor formativa, impartíronse os seguintes cursos: limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”, asociado a obtención do certificado de profesionalidade; manexo de carretillas elevadoras segundo UNE 584512; manipulación e hixiene alimentaria. Control de alérxenos; informática básica, e aplicador/ a manipulador/a de produtos fitosanitarios.

Ó longo do tempo de execución do programa traballaron un total de 38 persoas. Ademais, hai 7 que ten previsión de poder prolongar o contrato e ser contratadas durante tres meses o máis. Estes datos indican o éxito de “Depoemprega 2016” pois o obxectivo inicial era garantir a inserción laboral a 26 personas.

 

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies