Inicio Val Miñor Baiona Recórd de participación na VIII edición da Travesía a Nado de Baiona...

Recórd de participación na VIII edición da Travesía a Nado de Baiona con máis de 330 inscritos

record-participacion-na-viii-edicion-da-travesia-nado-baiona-mais-330-inscritosO Concello organiza este sábado a proba cun percorrido de 1.900 metros entre as praias da Barbeira e A Ribeira

A oitava edición da Travesía a Nado de Baiona logrou este ano o seu récord de inscrición despois de pechar o prazo con 50 participantes máis que no ano 2016. A proba celébrase esta sábado en colaboración coa Piscina Mancomunada do Val Miñor.

Un total de 333 nadadores (282 o ano pasado) están xa inscritos para participar este 8 de xullo na VIII Travesía a Nado de Baiona. O prazo pechado o pasado mércores deixa cifras moi superiores ás da edición anterior ao apuntarse 245 persoas na categoría de veteranos e adultos, outros 35 en Sub-16 e 53 en Sub-12.

As probas, organizadas dende a Concellería de Actividades Marítimas, comenzarán este sábado a partir das 17.00 horas en varias categorías e distancias de carácter mixto: Sub-12 – 200 metros (nados no ano 2005) a partir das 17.00 horas na praia da Ribeira; Sub-16 – 500 metros (2004 – 2001) ás 17.15 h tamén na praia da Ribeira, e adultos (1977 – 2000)  e veteranos (1976) cunha distancia de 1.900 metros e saída ás 18.00 horas dende a praia da Barbeira  e chegada na Ribeira.

Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como feminina. Tamén haberá clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona e entregásense agasallos e avituallamentos a todos os participantes a través dos patrocinadores e colaboradores: Coca Cola, Area, Carrefour, Cardio Bayona, Frutas María Vilar, La Caixa,  MRCY de Baiona, Parador Conde de Gondomar, Protección Civil, WetSports Ladeira, Waira e Portos de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies