spot_img
InicioVal MiñorBaiona'Moteros Val Miñor' e Concello de Baiona organizan a FIM Trial des...

‘Moteros Val Miñor’ e Concello de Baiona organizan a FIM Trial des Nations 2017, o maior evento mundial do Trial

moteros-val-minor-e-concello-de-baiona-organizan-a-fim-trial-des-nations-2017-o-maior-evento-mundial-do-trial

Por concesión da Federación internacional de Motociclismo, a “Peña Moteros Val Miñor” e o Concello de Baiona son os organizadores da FIM Trial deas Nations 2017, a denominada Copa das Nacións, o maior evento mundial no ámbito do trial.

Esta mañá, a “Peña Moteros Val Miñor” e o Concello de Baiona presentaron non salón de plenos, o que definiron, como o maior evento que se dá a nivel mundial no ámbito do Trial.

Á presentación asistiron, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o presidente da “Peña Moteros Val Miñor”, José Durán, a concelleira de deportes, María Jesús Martíns e Nano Ferro e José Goce, responsables da organización desta gran cita internacional.

Rodal agradeceu á “Peña Moteros Val Miñor”,  haber coseguido traer esta importante proba a Baiona, “co que isto vai representar para esta vila” e coa que se pechará o calendario deportivo do verán.

Pola súa banda, José Durán, presidente da Peña, explicou que esta proba é única no mundo e que só se celebra unha vez ao ano, “nostros levamos traballando desde 2011 para conseguilo”.

En canto á repercusión económica para Baiona, Nano Ferro indicou que segundo os datos que eles barallan, cada persoa, entre participantes, organización e acompañantes (aproximadamente 500 persoas), gastarán unha media de 150 euros diarios. “Veñen persoas de todo o mundo, en 2010 por exemplo, viñeron desde Emiratos Árabes” subliñou.

moteros-val-minor-e-concello-de-baiona-organizan-a-fim-trial-des-nations-2017-o-maior-evento-mundial-do-trial
De izq. a dta. Nano Ferro, José Durán,Ángel Rodal, Mª Jesús Martíns e José Goce

En canto á organización, José Goce indicou que non debería de haber ningún problema pois contan con moita experiencia en organizar este tipo de probas e do mesmo xeito que os anteriores, quixo subliñar que este evento “é o reto máis grande ao que se pode aspirar”

comillasDurante os días 23 e 24 de setiembre do próximo ano, a vila de Baiona converterase no epicentro mundial do motor, coa participación de 150 pilotos que serán os embaixadores de 30 nacionalidades diferentes.

Tomando como referencia o atractivo paisagístico do Monte Boi e o Parador Nacional de Turismo, o seu contorno converterase no escenario das 18 Zonas que habilitarán para a competición, todas elas baixo a fórmula aínda non practicada ata a data en Baiona do “NON STOP”, é dicir, os pilotos terán que afrontar o percorrido de cada unha das Zonas sen parar, un reto no que poden ser penalizados se non se cumpre este requisito imprescindible na norma da competición.

comillasEsta é unha competición que se desenvolve por equipos, con tres representantes por equipo e categoria.

Tan só tres cidades españolas albergaron esta proba intercontinental desde que foi creada en 1984: Seva (Barcelona) ano 2000, Córdoba, ano 2004 e Tarragona, ano 2015.

Das 32 edicións disputadas en categoria masculina, España obtivo 22 vitorias, polo que é líder indiscutible, seguida de Francia con 5, Reino Unido 4 e Italia 1.

A categoria feminina foi creada no ano 2000, desde entón España é o pais con máis vitorias (6), as mesmas que Reino Unido; Alemaña posúe 2 e cunha vitoria, están Francia e Noruega.

 

 

- Publicidade -spot_img