spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolle unha nova edición do Trail do Trega

A Guarda acolle unha nova edición do Trail do Trega

a-guarda-acolle-unha-nova-edicion-do-trail-do-trega

A Guarda vivirá unha última fin de semana de novembro volcada co deporte. Ademais da proba de Campo a través dirixida a alumnos dos colexios e clubs deportivos da comarca do Baixo Miño do sábado; tamén se celebra unha nova edición do Trail do Trega o domingo 27 de novembro.

O III Trail do Trega consistirá nunha carreira a pé cunha distancia aproximada de 18,5km que transcorre polo Monte Santa Trega e os seus arredores. O evento, organizado por TIMEAVENTURE en colaboración co Concello da Guarda, contará tamén cunha andaina simultánea de aproximadamente 10 km polo mesmo entorno. As dúas probas, tanto a andaina como a carreira terán a saída e a meta no Centro Cultural. O Trail dará comezo ás 10 horas e a andaina iniciarase un pouco antes.

Os participantes deben ter polos menos os 18 anos de ideade. Para realizar as inscricións, poden facelo a través da páxina web   https://www.avaibooksports.com/inscripcion/index.php?id=4142&lang=es  ata o 25 de novembro ás 23’59 horas. O prezo é de 13 euros para o Trail e de 3 euros para a andaina.

Existen 5 categorías en función da idade e se entregarán 3 premios por categorías, ademais de 3 premios absolutos e outros 3 para os primeiros guardeses en categoría feminina e masculina. A recollida dos dorsais farase tanto o día antes dende as 17 ás 19 horas como o día da proba, ata 45 minutos antes de que comece, na sala de Exposicións do Centro Cultural. Ó longo da proba os participantes contarán con 4 puntos de avituallamento e o tempo máximo para realizar a proba será de 4 horas. Para máis información:

TIMEAVENTURE

C/Pla y Cancela, 37-5º Dcha (15005) A Coruña

Telf.649656538

e-mail: info@timeaventure.es

Concello de A Guarda

Praza do Reló, 1 -36780 A Guarda (Pontevedra)

Telf.986 610 000

e-mail: deporte@aguarda.es

web: www.aguarda.es

blog: deporteaguarda.blogspot.com

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.