spot_img
InicioVal MiñorNigránCentro Juan María e Concello de Nigrán celebran conxuntamente o Día Internacional...

Centro Juan María e Concello de Nigrán celebran conxuntamente o Día Internacional da Discapacidade

O Concello de Nigrán e o Centro de Educación Especial Juan María conmemorán ao mesmo tempo un ano de traballo conxunto en “Un Nigrán para todos”, proxecto pioneiro para mellorar a accesibilidade no municipio.

O Concello de Nigrán celebra un ano máis co Centro de Educación Especial Juan María o Día Internacional da Discapacidade.  Os actos, dende o 30 de novembro ao propio 3 de decembro no Auditorio Municipal, foron presentados  no centro ubicado en Parada coa asistencia dos alcaldes de Nigrán e Baiona e a delegada territorial da Consellería de Política Social. Durante a presentación proxectouse en primicia o vídeo promocional deste ano, elaborado dende o centro cos usuarios como protagonistas (no mesmo participan os tres alcaldes da comarca, empresarios, asociacións…).

Tódolos actos teñen como sede o Auditorio Municipal de Nigrán,  permitindo conmemorar ao mesmo tempo un ano de traballo conxunto entre Centro Juan María e goberno local a través de “Un Nigrán para todos”. Este é un proxecto pioneiro para mellorar a accesibilidade no municipio eliminando as barreiras físicas que impiden o acceso a determinados espazos, as sensoriais que impiden o acceso á información a través dos sentidos ou as cognitivas que impiden a comprensión do entorno e os seus elementos. Ao longo deste ano, tódalas pautas nacidas neste grupo foron aplicadas a cada un dos novos espazos e, ademais, reformaronse outros. Coma exemplo: semáforos intelixentes para invidentes, reforma da pranta baixa do Concello (en obras actualmente), beirarrúas con rebaixes nos pasos de peóns…

A programación especial arranca o 30 de novembro coa inauguración no Auditorio (19.00 horas) da mostra fotográfica sobre accesibilidade “Nos why not?”. O día seguinte á mesma hora proxectarase “La historia de Jan”, unha película que relata a superación e aceptación dun pequeno con síndrome de Down.

O día 2 terá lugar unha xornada relativa ao décimo aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Na mesma intervirá o rexedor de Nigrán para abordar as actuacións de accesibilidade física e sensorial enmarcadas no proxecto “Un Nigrán para todos”. Ademáis, haberá diferentes ponencias que tratarán dende o procedemento de incapacitación, a lectura fácil, a seguridade como dereito fundamental…

Xa o Día Iternacional da Discapacidade, o 3 de decembro, haberá música en directo a partires das 17.00 horas, se lerá o manifesto e o Concello voltará a iluminarse de verde, cor que representa a plena inclusión.

Por outra banda, o Centro Juan María comenza dende hoxe a promocionar nas redes sociais o seu novo vídeo de concienciación “Latiendo por ti”, dispoñible en youtube no seguinte enlace e que agarda sexa compartida por toda a veciñanza:

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.