Inicio Vigo e área Mos Mos promove a campaña contra a violencia de xénero titulada “QUE A...

Mos promove a campaña contra a violencia de xénero titulada “QUE A MASCARILLA NON TE CALE”

Mos promove a campaña contra a violencia de xénero titulada “QUE A MASCARILLA NON TE CALE”O obxectivo desta iniciativa é alentar a toda a poboación mosense a denunciar o maltrato, tanto no caso daquelas mulleres que o estean a sufrir, como no caso de calquera persoa que sexa coñecedora de un caso, xa que a raíz do confinamento decretado con motivo do estado de alarma detectáronse máis episodios de violencia machista

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade do Concello de Mos, Sara Cebreiro, anunciaron hoxe a posta en marcha conxuntamente entre o departamento municipal de Política Social e o Centro de Información á Muller, CIM, de Mos, dunha campaña de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero baixo o título “QUE A MASCARILLA NON TE CALE”.

O obxectivo desta iniciativa é alentar a toda a poboación mosense a denunciar o maltrato; tanto no caso daquelas mulleres que o estean a sufrir, como no caso de calquera persoa que sexa coñecedora dun caso de violencia.

A  raíz  do confinamento decretado con motivo do estado de alarma, apreciamos un incremento da violencia machista que sufren as mulleres a mans das suas parellas ou exparellas que xorde a raíz de ter que convivir durante 24 horas, en situacións xa deterioradas anteriormente, o que incrementa  o nivel de estrés e de control  patriarcal.  O confinamento sufrido con motivo da pandemia sanitaria provocada polo COVID-19, está polo tanto a acarrear graves consecuencias polas que as mulleres vense obrigadas a permanecer máis tempo nas casas, ademáis de recaer sobre elas o peso dos coidados familiares, o que incrementa os conflictos familiares, ademais de illalas socialmente, o que as fai máis vulnerables e susceptibles de cara a sufrir episodios de violencia machista” declararon as representantes municipais Arévalo e Cebreiro.

Por iso desde o CIM de Mos xunto coa concellería de Política Social emprendeuse esta campaña de apoio, prevención e sensibilización en momentos que están a ser especialmente complicados para toda a sociedade e, en especial, para as persoas máis vulnerables.

Os teléfonos do CIM son 986 337 278 e 673 069 866 e os horarios de atención presencial son os luns e mércores de 9 a 14 horas para atención psicolóxica, os martes e venres de 9 a 14 horas para asesoramento xurídico e tamén os xoves de 15.30 a 20.30 horas para asesoramento xurídico.

O Centro de Información á Muller constitúe un servizo gratuíto, subvencionado polo Concello de Mos e pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies