spot_img
InicioBaixo MiñoA Asociación de Muiñeiros do río Tripes traballa para restaurar o Muíño...

A Asociación de Muiñeiros do río Tripes traballa para restaurar o Muíño do Mañoco, o máis antigo do Tripes

A asociación de Muiñeiros do río Tripes traballa para restaurar o Muíño do Mañoco, o máis antigo do TripesA Asociación Muiñeiros do río Tripes está a traballar para lograr a restauración do Muíño do Mañoco o máis antigo dos existentes no río Tripes. A comezos de ano a Asociación Muiñeiros do Río Tripes asinou un acordo coa Fundación Félix Rodríguez para a cesión de uso dunha parcela de 1.400 m2 na rúa Martínez Padín, onde se atopa este muíño. Dende a Asociación amosan o seu agradecemento por esta cesión á Fundación.

O Muíño do Mañoco ten máis de setecentos anos, xa que a primeira noticia coñecida da súa existencia data de 1371. É o que pechaba o ciclo das augas do seu leito, con orixe no Monte Aloia.

Trátase dun edificio rectangular realizado con perpiaño e cachotes, cuberto cun tellado a dúas augas, con dúas bocas para alimentar ás dúas rodas que posuía. O muíño ten numerosos signos lapidarios, principalmente cruces, nas súas paredes. Na actualidade o estado de conservación é bastante aceptable estruturalmente, aínda que con ausencia do tellado.. A súa importancia histórica e representatividade dentro do ámbito de arquitectura popular está fora de toda dúbida. É por iso a Asociación de Muiñeiros de Tripes celebra e agradece o acordo acadado cos seus titulares, a Fundación Félix Rodríguez.

A asociación de Muiñeiros do río Tripes traballa para restaurar o Muíño do Mañoco, o máis antigo do Tripes

A Asociación, cunha ampla traxectoria na recuperación deste patrimonio cultural no entorno do río Tripes, agarda contar coa axuda doutros organismos e institucións co fin de impulsar a restauración e posta en valor deste muíño. A súa restauración, é o obxectivo deste acordo. Ao ser o muíño máis próximo a cidade servirá como exposición. O acceso ao muíño efectúase a través dun paso inferior da rúa Martínez Padín ao que se accede desde a praza de Manuel Caramés, en pleno Camiño de Santiago Portugués. Para iniciar esta restauración, a Asociación solicitou a comezos de ano unha subvención a Xunta de Galicia, a través das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño Santiago, que a data de hoxe aínda esta sen resolver.

- Publicidade -spot_img