Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitudes para participar na...

A Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitudes para participar na IV edición dos Premios Provinciais á Xuventude

A Deputación de Pontevedra adianta o lanzamento da IV edición dos premios provinciais á Xuventude

 

 A dotación económica dos galardóns increméntase este ano ata os 32.000 euros que se repartirán entre as oito categorías dos Premios

A Deputación de Pontevedra abriu este luns 1 de xuño o prazo de solicitudes para participar na IV edición dos Premios Provinciais á Xuventude, que este ano teñen unha dotación económica de 32.000 euros, o que supón un incremento dun 45% respecto o ano pasado. O prazo manterase aberto ata o 31 de agosto e as persoas interesadas en participar poden preinscribirse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica https://sede.depo.gal.

Aínda que, a consecuencia da declaración do estado de alarma polo COVID-19, o prazo de presentación dos proxectos foi suspendido temporalmente, a Deputación de Pontevedra xa adiantara na primeira quincena de abril o lanzamento da iniciativa coa publicación das bases co fin de que a mocidade aproveitase o confinamento para comezar a idear e desenvolver os seus proxectos.

Nesta cuarta edición dos Premios as oito categorías son iniciativa social, empresarial, contido dixital, educación en valores, traballo musical, literario, fotografía orixinal e deseño e moda. Esta última modalidade continúa neste 2020 tras o éxito colleitado na súa estrea, na edición anterior. Unha das novidades deste ano é que, na modalidade de educación en valores dirixida aos centros de educación secundaria, a idade mínima das mozas e mozos que poden participar adiántase aos 14 anos, cando ate agora era de 16 a 18 anos. Salvo nesta categoría, os IV Premios Provinciais á Xuventude están dirixidos a mozas e mozos de 16 a 35 anos, que poden concursar nunha ou en varias modalidades cun único proxecto  orixinal en cada unha delas. As gañadoras e gañadores recollerán os seus trofeos nunha gala que terá lugar durante o último trimestre do ano.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies