spot_img
InicioVal MiñorNigránMonteferro, escenario do XVI Trofeo Universidade de Vigo-Concello de Nigrán de orientación

Monteferro, escenario do XVI Trofeo Universidade de Vigo-Concello de Nigrán de orientación

monteferro-escenario-do-xvi-trofeo-universidade-vigo-concello-nigran-orientacionConcello e Universidade asinan un convenio para levar adiante por vez primeira a actividade de xeito conxunto

Preto de 500 corredores de toda Galicia, León e Portugal disputarán este sábado 10 de xuño na contorna de Monteferro o ‘XVI Trofeo Universidade de Vigo – Concello de Nigrán’, un evento enmarcado na XXVI Liga Gallega de Orientación, que conformará tamén a 6ª proba da liga, e na que os organizadores agardan a participación de clubes de todo o noroeste peninsular. Trátase da primeira proba deste tipo que se celebra en Nigrán, para o cal o Concello asinou un convenio de colaboración específico. O prazo de inscrición remata mañá ás 22.00 horas en www.fegado.es/intranet

A orientación de precisión é unha modalidade deportiva que consiste en percorrer un itinerario determinado visitando uns puntos nos que hai colocadas unhas balizas axudándose dun mapa a escala e un compás. Non é necesario correr senón que o máis importante é desenvolver a capacidade de ler o mapa, sendo o lema deste deporte: “primeiro pensa, despois corre”. Gaña quen consiga identificar o maior número de balizas correctas e se establece un tempo de duración máximo da proba. Os participantes, con ou sen problemas de mobilidade, participan en igualdade de condicións. O equipo da Universidade de Vigo sacará as súas mellores galas e agardan poder contar cos 36 corredores da sección federeda.

“A través desta práctica deportiva promocionamos un dos enclaves máis marabillosos do municipio, como é Monteferro e a praia de Patos. A nosa itención é que Nigrán forme parte sempre da Liga Galega de Orientación e sexa un referente, un deporte polo que queremos apostar xa que a solidariedade e o traballo en equipo son as pezas clave”, sinala o alcalde, Juan González, quen tamén participará.

Así, o espazo de celebración do evento será un plano debuxado recentemente, en Monteferro, co fin de poñer a proba a boa forma física e mental dos participantes. Por iso será unha proba rápida e de gran nivel técnico, misturando áreas con formacións rochosas e vexetación que dificultan a visibilidade, con cambios de pista e sendas de progresión máis rápida, en pendente ou ladeira, que non permitirán baixar o nivel de concentración.

Clubes e Universidade de Vigo organizan o xoves unha charla explicativa e adestramento ás 17.00 horas no campus As Lagoas de Marcosende (Vigo). A competición será o sábado dende as 10.30 horas e pechándose a meta ás 13.30 horas.

 

 

- Publicidade -spot_img