spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona e a localidade francesa de Pornic ratifican o seu irmandamento

Baiona e a localidade francesa de Pornic ratifican o seu irmandamento

baiona-e-localidade-francesa-pornic-ratifican-seu-irmandamentoOs xardíns do Museo da Navegación acolleron os actos conmemorativos do 20 aniversario

Baiona e a localidade francesa de Pornic ratificaron este domingo o seu irmandamento nun solemne acto celebrado nos xardíns do Museo da Navegación. Os alcaldes, Ángel Rodal e Jean-Michel Brard, estamparon a súa firma para prolongar o primeiro acordo firmado hai agora dúas décadas.

“O acordo permitiu que dende 1997, ambos pobos traballemos pola construción común de Europa, porque Pornic e Baiona falan de  persoas e das cosas que nos unen, e nos últimos 20 anos   logramos promover intercambios en materia cultural, turística, deportiva, medioambiental e de educación. Este irmandamento naceu co desexo de compartir, intercambiar, apoiar e, como non, desenrolar actividades de forma conxunta para que os cidadáns tivesen a oportunidade de establecer vínculos de amistade”, sinalou Rodal durante o seu discurso.

baiona-e-localidade-francesa-pornic-ratifican-seu-irmandamento

No acto estiveron presentes os últimos seis alcaldes de Baiona, así como a maioría da Corporación Municipal e unha representación de Pornic, ademais dun grupo de estudantes franceses que visitan a  Vila grazas o intercambio con familias baionesas.

Pola súa banda, o alcalde de Pornic agradeceu a hospitalidade de Baiona e manifestou o seu decidido apoio para renovar o acordo entre os dous pobos no 20 aniversario. Tras o intercambio de bandeiras e a firma dos rexedores, o acto rematou cos acordes da Banda de Música Municipal de Baiona, que entoou os himnos de Galicia, Francia e España.

A visita dos representantes do municipio bretón finalizou este luns cun percorrido por Baiona e polas comarcas do Val Miñor e o Baixo Miño.

Dende 1997

Baiona está irmandada dende 1997 con Pornic, localidade da Bretaña francesa de características similares á Real Vila, polo que son habituais os intercambios culturais, deportivos e educativos. En materia náutica celébrase a regata de vela que une os dous municipios.

O pasado mes de febreiro, días antes da celebración da Festa da Arribada, unha delegación de Pornic acudiu a Baiona e agasallou ao Concello un cadro da localidade bretona en conmemoración do vixésimo aniversario do seu irmandamento. En maio, unha representación de Baiona devolveu a visita a Pornic.

- Publicidade -spot_img