Inicio Pontevedra 'Balonmán na Rúa' reúne nun macro torneo en Vigo a máis de...

‘Balonmán na Rúa’ reúne nun macro torneo en Vigo a máis de 2.200 persoas

balonman-na-rua-reune-nun-macro-torneo-vigo-mais-2-200-persoas“Balonmán na Rúa” disputouse en 14 campos acondicionados na rúa Areal onde 2.200 persoas participaron como monitor@s, arbitraxe, voluntariado e deportistas.

A presidenta Carmela Silva agradeceu aos equipos do Atlético Guardés e do Porriño a súa participación colaborarando na entrega das medallas

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez, presidiu este sábado o acto de clausura da novena edición de “Balonmán na Rúa”, o macroevento deportivo con motivo do peche das DEPOrte Escolas de balonmán da institución provincial, no que participaron máis de 2.200 persoas entre o persoal encargado da arbitraxe, adestramento, acompañamento dos e das menores e voluntariado xunto cos propios rapaces e rapazas que competiron no torneo.

Na súa intervención, a presidenta da Deputación, que participou na entrega das medallas ás nenas e nenos xunto co alcalde, Abel Caballero, o presidente da Federación, o deputado provincial, Santos Héctor, e o concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández, agradeceu a todos os nenos e nenas a súa participación no torneo e tamén tivo palabras de agradecemento para os pais e nais de todos os rapaces, asi como para todos os monitores dos distintos clubs que interviron.

Pero especialmente referiuse as integrantes do Atlético Guardés e do Porriño, que no quixeron perderse a festa do balonmán na rúa participando na entrega das medallas a todos os participantes.

En Vigo déronse cita uns 1.800 nenos e nenas en representación de 23 clubs da provincia de Pontevedra, practicamente o total dos existentes. A competición comezou ás 10:00 da mañá e enfrontou a 138 equipos de 28 concellos da provincia que foron arbitrados por 30 colexiados e colexiadas. O torneo celebrouse na rúa Areal da cidade olívica, onde a organización acondicionou catorce campos de balonmán que se distribuíron ao longo de toda a rúa, que permaneceu pechada ao tráfico para a ocasión. Xogáronse un total de 349 partidos.

En concreto, participaron nesta edición do “Balonmán na Rúa” 11 equipos na categoría prebenxamín mixta, 52 na benxamín mixta, 53 na alevín mixta, 10 na infantil feminina e 12 na infantil masculina. Os rapaces e rapazas chegaron a Vigo a bordo de 20 autobuses, que facilitou a Deputación, dende A Guarda, Gondomar, Tomiño, Tui, O Rosal, A Cañiza, Ponteareas, Porriño, Meaño, O Grove, Pontevedra, Meis, Bueu, Rodeiro, Lalín, Redondela, Cangas, Moaña e da propia cidade de Vigo.

O programa da Deputación de Pontevedra conta con máis de 2.700 nenos e nenas inscritos nas 148 DeporteEscolas de balonmán,  que son de balde.

 

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies