spot_img
InicioBaixo MiñoO tomiñés Roi Rodríguez consegue a súa cuarta medalla nas copas de...

O tomiñés Roi Rodríguez consegue a súa cuarta medalla nas copas de mundo de Hungría e Serbia

A terceira xornada da copa do mundo que se celebrou este fin de semana en Belgrado (Serbia) deixábanos a medalla de bronce na final do K1 500 metros para o padeeiro do Kayak Tudense Roi Rodríguez.

O tudense entraba en meta en terceira posición por detrás do checo Josef Dostal e o danés Rene Poulsen cun tempo de 1m.40s.836, alzándose coa súa cuarta medalla nas súas respectivas finais disputadas nas dúas copas do mundo de Hungría e Serbia.

Con esta medalla Roi dá por finalizada a súa participación internacional ata a disputada do campionato europa sub 23 que se celebrará precisamente en Belgrado e o Campionato do Mundo de Pitesti en Romanía.

O resto de participantes galegos que competían na finais desta mañá tiveron unha destaca participación. O C2 de Adrián Sieiro e Sergio Vallejo completaban a final de 500 en cuarta posición, moi preto dos postos de podio. Os de Poio realizaron un tempo de 1m48s.452. As tres primeiras posicións foron para as embarcacións de Polonia, Moldavia e Kazajistán.

A padeeira do Club Náutico Pontecesures Camila Morison competiu na final de K2 500 metros coa catalá Laia Pelaichs, nunha final na que a piragua gañadora foi a da parella alemá de Franziska Weber e Tina Dietze, o duo español terminou en oitava posición cun tempo de 1m49s.522.

O kaiak masculino tíñanos preparado varias finais no día de hoxe. Carlos Arévalo competía no K1 200, chegando en quinta posición, na mesma proba o zamorano Carlos Garrote foi terceiro.

A participación de Carlos nesta copa terminaba coa disputa da final do K4 500 que afrontaba xunto cos olímpicos Rodrigo Germade, Cristian Toro e Marcus Cooper. A tripulación española chegou en quinta posición ao final dos 500 metros. Na loita polas medallas participaba a outra embarcación española na que competía Óscar Carrera, chegando en novena posición.

Na última proba do día Manuel Garrido do Kayak Tudense conseguía a quinta posición na final de C1 5000 metros. Unha final gañada polo campión olímpico alemán Sebastian Brendel.

- Publicidade -spot_img