
Poderán participar todos os/as mozos/as de 16 a 35 anos (ambos inclusive). Tamén poderán cursar a súa solicitude dentro do prazo establecido, as persoas que non cumpran o requisito de idade, formando parte da lista de espera.
Comenzará en novembro en sesión de tarde, cunha duración de 40 horas. Realizarase no Centro Multiusos de O Mosteiro (Praza de España nº18 – O Mosteiro).
O curso é de balde.
Para inscribirse os/as interesados/as deberán poñerse en contacto coa Informadora Xuvenil, no Centro Multiusos do Concello, antes do 4 de setembro.
Para formalizar a solicitude é necesario achegar unha fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor.
Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) ou no teléfono 986712277, www.depo.es/activate-2014



