Inicio Vigo e área Soutomaior María Vinyals, a primeira camelia "con nome de muller" no xardín do...

María Vinyals, a primeira camelia “con nome de muller” no xardín do Castelo de Soutomaior

María Vinyals, a primeira camelia "con nome de muller" no xardín do Castelo de SoutomaiorCoas palabras de María Vinyals reflexionando sobre a posición das mulleres hai máis de 100 anos e a canción contra a violencia de xénero “A porta violeta” de Rozalén, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, das deputadas provinciais Ana Laura Iglesias, Raquel Giráldez e Victoria Alonso, do autor do libro “María Vinyals, a muller do porvir”, Diego Piay, e da historiadora Silvia Cernadas, realizou esta mañá a plantación da camelia “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior, a primeira “con nome de muller” do xardín. Silva, asegurou que con esta plantación “este xardín vai darlle visibilidade ás mulleres. Para que poidamos seguir dando pasos cara a igualdade é preciso ter referentes femininas”.

María Vinyals, a primeira camelia con nome de muller no xardín do Castelo de Soutomaior

A presidenta provincial destacou a figura de María Vinyals, a marquesa vermella, “unha muller que demandaba educación, o voto e a presenza das mulleres en todos os eidos”.  “Estou segura de que a María Vinyals lle encantaría que xeracións futuras, cen anos despois, seguiran a loitar polo que ela loitou cando estaba en efervescencia, a loita das mulleres sufraxistas defendendo o voto, o dereito universal máis importante, que finalmente conseguiu Clara Campoamor”, enxalzou.  Tamén sobre a figura de Vinyals detívose o alcalde de Soutomaior que aplaudiu a iniciativa da Deputación por permitir “potenciar e dar a coñecer á marquesa” e “mellorar o xardín de excelencia internacional”.

As reflexións de Vinyals e o himno contra a violencia de xénero “A porta violeta” de Rozalén, complementaron o acto enmarcado na programación “Por nós, por todas”

O novo cultivar de camelia, tal e como explicou a presidenta da Deputación, foi desenvolvido na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e trátase dunha flor dobre formal que ten unhas cores cunha simboloxía “moi potente”; predomina a cor vermella, en referencia a como foi coñecida Vinyals “a marquesa vermella”; e vira a cor lila lavanda cando se cultiva en chans ácidos e está totalmente aberta, cor relacionada a día de hoxe co movemento feminista do que ela foi precursora hai 100 anos. Sobre a camelia “María Vinyals” Carmela Silva tamén avanzou que se rexistrará oficialmente en xuño e posteriormente ampliarase esta iniciativa coa “plantación doutros cultivares con nomes de mulleres, como Rosalía de Castro ou a Bella Otero”.

María Vinyals, a primeira camelia "con nome de muller" no xardín do Castelo de Soutomaior

A camelia plantada esta mañá por Carmela Silva en Soutomaior conta cunha placa de madeira na que figura o lema “Camelia japónica ‘María Vinyals’. Nos xardíns deste castelo que María Vinyals tanto amou medrará esta camelia que leva o seu nome.

Unha flor única para a muller do porvir. Deputación de Pontevedra, 11 de marzo 2020”. Así mesmo, a placa levará un Código QR, que ofrece información da ficha técnica do exemplar.

María Vinyals, a primeira camelia "con nome de muller" no xardín do Castelo de Soutomaior

A presidenta da Deputación aproveitou a ocasión para poñer en valor o papel desenvolvido por Diego Piay e agradecer o estudo sobre María Vinyals de Silvia Cernadas, xa que a institución provincial foi tomando decisións a partir da súa investigación sobre a figura da marquesa vermella. “Nós escoitamos moito á sociedade, e moitos dos estudos que se fan aplicámolos nas nosas políticas”, concluíu a presidenta.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies