spot_img
InicioBaixo MiñoA Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos participará no...

A Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos participará no desfile de San Patricio de Nova Iorque

A Banda de Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos participará no desfile de San Patricio de Nova IorqueO 17 de marzo, día de San Patricio (Saint Patrick’s Day ou Lá Fhéile Pádraig) os
irlandeses conmemoran o seu patrón e a creación da República de Irlanda. Debido a gran emigración irlandesa celébrase a nivel mundial, sendo Nova Iorque un dos máis concorridos e coñecidos.
A iniciativa do Celtiberian Heritage–New York e do Centro Español da cidade a Banda de
Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos foi invitada a participar no desfile, do ano 2020, de San Patricio da cidade americana en representación do Estado Español.
Alén do desfile, que percorre a coñecida 5th Avenida todos os 17 de marzo, a Banda de
Gaitas e Percusión San Xoán de Paramos ten programados e confirmados unha serie de
concertos na cidade durante esa semana, dos que destacamos:
– Concertos en Times Square, en Washington Square e na Zona Cero (One World
Trade Center)
– Desfile e concerto na festa céltica de New Jersey.
– Concerto no Centro Español de Queens.
Para unha banda como a nosa, dun pequeno centro cultural e dunha pequena parroquia
de Tui, supón unha grande satisfacción e responsabilidade esta invitación. Satisfacción polo
recoñecemento que supón a doce anos de traballo e compromiso coa música tradicional e
responsabilidade por ser escollidos para levar a música galega a un desfile destas
características.
Esta viaxe, na que participan 47 dos integrantes da Banda, culmina un ano de traballo
do Centro Cultural Laxes de Paramos, da Banda de Gaitas e Percusión San Xoán e dos propios músicos. Alén dos ensaios, os integrantes da Banda e do Centro Cultural tiveron que facer fronte, en solitario, aos gastos do desprazamento aos Estados Unidos. Un duro ano de traballo, musical e económico, recadando fondos, ten agora o seu premio cunha experiencia única.
- Publicidade -spot_img