Inicio Galicia Galicia supera por primera vez en 2019 as 50.000 toneladas de reciclaxe...

Galicia supera por primera vez en 2019 as 50.000 toneladas de reciclaxe de vidro

Background Made From Empty Beer Bottles

A provincia galega que acadou a maior porcentaxe de reciclaxe é A Coruña (19,1kg/hab), seguida de Pontevedra. Sogama tamén reciclou case 20.000 toneladas de vidro procedentes da bolsa negra que chega ao Complexo Medio Ambiental, un 8% máis que respecto de 2018

A comunidade galega reciclou en 2019 un total de 51.967 toneladas de vidro, polo que Galicia supera por primeira vez en 2019 a recollida de 50.000 toneladas de vidro a través do contedor verde.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, presentaron esta mañá os resultados de reciclaxe de vidro, que no caso de Galicia seguen a ser destacados, pois grazas ao esforzo de depositar unha media de 66 envases por persoa, a media galega sitúase no 19,3 kg/hab, superando a media do conxunto do Estado.

Cruz Ferreira Costa salientou que a reciclaxe de vidro é unha mostra da implicación e toma de concienciación dos galegos coa economía circular, pois comparando as cifras actuais coas de fai catro anos, en Galicia se recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 Tn en 2014) e 7,6% respecto das cifras de 2018 (48.308 Tn).

En canto á recollida por provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1 kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente. En termos porcentuais, destaca a subida en 7 puntos da provincia de Ourense, que pasou de reciclar 4.819 Tn en 2018 ás 5.154 no pasado ano.

A directora xeral tamén destacou o envío a Ecovidrio de case 20.000 Tn (18.999) de residuos de envases de vidro que chegaron ao Complexo Medio Ambiente de Sogama en Cerceda na bolsa negra e que Sogama recuperou para a súa xestión por parte de Ecovidrio.

Ferreira Costa salientou que detrás deste récord de reciclaxe hai dous aspectos importantes, como son a contenerización, un aspecto fundamental para facilitar a reciclaxe de vidro aos cidadáns que hoxe contan con 16.515 puntos repartidos ao longo da xeografía galega para o depósito deste material, un 3,4% máis que respecto do anterior; e as campañas informativas e divulgativas, como Recicla Vidro por elas, accións puntuais en eventos lúdicos e gastronómicos, como o San Juan da Coruña, Feira do Marisco no Grove ou o San Froilán de Lugo.

A representante da Consellería de Medio Ambiente recalcou a necesidade camiñar cara o modelo de economía circular e facer fronte á emerxencia climática, polo que a reciclaxe, concretamente a de vidro, é un elemento fundamental para evitar emisións de gases de efecto invernadoiro e a sobreexplotación dos recursos. Indicou que grazas ao esforzo realizado en 2019 evitouse a emisión de máis de 40.0000 toneladas de CO2, é dicir, o equivalente a retirar máis de 19.200 coches de la circulación durante un año; ou a extracción de máis de 85.000 toneladas de materias primas da natureza, o equivalente a 8 veces o peso da Torre Eiffel; así como aforrar máis de 50.000 Mwh de enerxía equivalente ao consumo realizado por todos os hospitais de Galicia durante máis de dous meses.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies