spot_img
InicioBaixo MiñoEscolares de Tomiño aprenden educación vial da man de especialistas

Escolares de Tomiño aprenden educación vial da man de especialistas

Escolares de Tomiño aprenden educación vial da man de especialistasA ANPA do colexio Pedro Caselles organiza a actividade por 3º ano consecutivo, coa colaboración da Policía Local, Garda Civil, DGT do Porriño e Protección Civil

Douscentos escolares de Primaria do CEP Pedro Caselles Beltrán, de Tomiño, recibiron educación vial da man de especialistas procedentes da DGT do Porriño, Policía Local e Protección Civil de Tomiño.

Ao longo desta semana , os distintos cursos, de 1º a 6º, foron pasando pola actividade. Un circuíto montado pola DGT do Porriño, permitía aos menores dos últimos cursos, aprender a circular en kart e en bicicleta, coñecendo as sinais de tráfico e respectando pasos de peóns.

En fronte, outro circuíto con vehículos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, aos que os escolares podía subirse e coñecer en primeira persoa, pondo en prácticas distintos recursos, coma as alarmas e a radio frecuencia. As motos dos axentes de tráfico, as da Policía Local e os camións utilizados para sofocar incendios, fixeron as delicias dos pequenos aprendices.

A ANPA do colexio, que preside Viviana Mariño, organiza esta actividade por 3º ano consecutivo, coa colaboración do centro e do Concello de Tomiño, ademais das forzas implicadas na seguridade vial.

A través de charlas e vídeos de educación vial e prevención de accidentes, ademais da parte práctica, o alumnado vai achegándose ao mundo da seguridade e coñecendo os perigos dunha condución irresponsable baixo os efectos do alcohol ou outras drogas, etc.

Ismael Troncoso, responsable municipal de Seguridade, cualifica esta actividade coma necesaria e moi útil e agarda poder repetila nos demais colexios do municipio.

- Publicidade -spot_img