spot_img
InicioO MorrazoBueuMaría Gar e Andrés Seara gañan o primeiro premio Xuventude Crea 2021...

María Gar e Andrés Seara gañan o primeiro premio Xuventude Crea 2021 nas categorías de artes plásticas e fotografía

María Gar e Andrés Seara gañan o primeiro premio Xuventude Crea 2021 nas categorías de artes plásticas e fotografíaO segundo premio da categoría de artes plásticas foi para Oliver Alfonso Fernández, de Vigo, por We are all alike e o terceiro, compartido, para Alejandro Vázquez Tomé, tamén de Vigo, por Quería mandarte flores e para Alejandro Reiriz Pouseu, por Galicia esperta e herbas ledas de Bueu

Ademais do gañador de artes plásticas, tamén recibiu o galardón, Oliver Alfonso Fernández, de Vigo, por We are all alike en segundo lugar; e o terceiro posto foi compartido e logrouno Alejandro Vázquez Tomé, de Vigo por Quería mandarte flores e para Alejandro Reiriz Pouseu, por Galicia esperta e herbas ledas de Bueu.

O segundo premio da categoría de fotografía foi para Adrián Vazquez, de Lugo, por Diversas e para Rocío Campoy Lage, de Vigo, por Berros, e o terceiro, compartido, para Claudia Valentina, da Coruña, por Mares doutros e para Hadrián Márquez por Pare

No caso da modalidade de fotografía, tamén recibiu o galardón, Adrián Vazquez Rodríguez, de Lugo, por ‘Diversas’ e para Rocío Campoy Lage, de Vigo, por Berros, e o terceiro para Claudia Valentina Feijoo Díaz, de Sada, por Mares doutros e para Hadrián Márquez por Pare de A Coruña.

Preto de 30 finalistas

A esta fase final chegaron 29 obras finalistas que estarán expostas ata o venres 26 de novembro. Alí, Cristina Pichel puxo en valor que todas as obras son moi diversas entre si, “pero que teñen un común denominador moi claro: todas demostran a gran creatividade e talento dos mozos e mozas galegos, demostran que hai canteira artística en Galicia”. Tamén agradeceu a participación de todos no certame, que ao longo dos seus máis de dez anos ten reunido a máis de 4.000 mozos e mozas de toda Galicia.

Cada un destes premios ten unha gratificación económica: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.

Catorce categorías e 400 participantes

Esta iniciativa trata de fomentar a creatividade da xuventude galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra. Nesta edición poderán participar, un ano máis, os mozos e mozas non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2021. Nesta edición participan máis de 400 artistas de toda Galicia.

Son un total de 14 as categorías propostas nesta edición, que abranguen desde a creación de videoxogos e videocreación, xa premiados; ata novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografías, música, poesía, banda deseñada ata graffiti, deseño de xoias, moda e danza.

- Publicidade -spot_img