spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraAdegas e institucións únense para poñer en valor a calidade dos viños...

Adegas e institucións únense para poñer en valor a calidade dos viños das IXP de Galicia.

Adegas e institucións únense para poñer en valor a calidade dos viños das IXP de Galicia.6 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e 15 Adegas das 4 Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de viños de Galicia xuntan os seus esforzos nun proxecto de cooperación para dinamizar o sector vitivinícola e contribuír a súa consolidación e crecemento futuro

O Alcalde de Pontevedra e Presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural de Pontevedra-Morrazo, Miguel Anxo Fernández Lores e o Subdirector da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Moisés Blanco Paradelo presentaron un proxecto de cooperación para o impulso das IXP de Galicia no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Miguel Anxo Fernández Lores destacou a importancia das IXP como elemento dinamizador e oportunidade para a recuperación de terras para o cultivo de viño. Destacou a calidade destes viños: “Hai calidade, hai posibiliades e hai que poñelas en valor”, para o que considera fundamental a colaboración e cooperación entre os axentes implicados.

Moisés Blanco Paradelo destacou a importancia das accións que como esta se desenvolven con fondos europeos dentro da medida Leader, destacando a aposta pola cooperación entre territorios e os seus axentes. Sobre as IXP de viño, quixo destacar o esforzo e o traballo que proporciona unha calidade excelente aos seus produtos.

José María Tobío, xerente do GDR de Pontevedra-Morrazo, coordinador do proxecto, presentou os obxectivos obxectivos do proxecto: dinamizar os operadores e establecer canles de colaboración entre as catro IXP vitícolas de Galicia, impulsando o sector vitivinícola en cada un dos territorios; contribuír a consolidar e/ou aumentar o número de marcas comerciais; mellorar as canles de divulgación, promoción e comercialización dos viños así como a formación en proxección e comercialización dos elaboradores, favorecendo un maior coñecemento das IXP e unha mellor percepción social das propias comarcas amparadas. Tamén se busca  favorecer o posicionamento como destino enoturístico das comarcas que forma cada IXP.  Por último presentou o lema e a campaña de comunicación, que xirará arredor do lema  “Viños de falan de nós”.

Túnel do Viño en Pontevedra: un espazo para coñecer os viños das IXP.

Na xornada anunciouse tamén o primeiro dos Túneles do Viño, espazo de mostra, promoción e degustación de todas as referencias de viño amparadas baixo o selo das IXP. Realizaranse varias catas, ao longo do día, co obxectivo de facilitar a participación de diferentes perfís sociais: institucional, canal HORECA (Hoteis, Restaurantes e Cáterings),  sector vitivinícola e outros axentes.

Celebrarase en Pontevedra o sábado 20 de novembro de 2021 na nova sede do  grupo coordinador, GDR Pontevedra Morrazo no lugar de Os Campos nº 19 de Mourente. É preciso reservar praza a través do correo electrónico info@vinos.ixp.gal ou a través de teléfono no número 685 722 084 para atender aos protocolos sanitarios en materia da Covid19.

Financiamento

O proxecto que conta cun orzamento de preto de 100.000€ está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

Entidades colaboradoras

O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto dos propios operadores das diferentes IXP. En concreto conta coa colaboración de 15 adegas que se distribúen nas 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia: Adega Ardán, Adega Os Areeiros, Mercedarios do Mosteiro de Poio, Reboraina e Videiras no Mar na IXP Ribeiras do Morrazo; Adega Entre os Ríos, Bodegas Calidade Antonio Saborido, Bodegas Torres Augusti, e Cazapitas na IXP Viños da Terra de Barbanza e Iria; Pagos de Brigante, Casa Beade, Adegas Bordel, Adegas Rilo na IXP Viños da Terra de Betanzos e Adega Terras Mancas e Vides Singulares na IXP Val do Miño-Ourense.

O compromiso destas entidades privadas, é de contribuír ao financiamento do custo do proxecto nunha porcentaxe do 10% dos gastos subvencionabl

Entidades cooperantes

Participan no proxecto os Grupos de Desenvolvemento Rural de Pontevedra Morrazo (Grupo coordinador), Galicia Suroeste Eurural, Mariñas-Betanzos, Comarca de Ourense, Salnés-Ulla-Umia e Deloa (Sar, Barbanza e Muros-Noia).

- Publicidade -spot_img