spot_img
InicioVal MiñorNigránMarcas de cervexa artesana de toda Galicia protagonizan en Nigrán "Val Miñor...

Marcas de cervexa artesana de toda Galicia protagonizan en Nigrán “Val Miñor Fest”

marcas-cervexa-artesana-toda-galicia-protagonizan-nigran-val-minor-festUn total de 13 marcas de cervexa artesana de toda Galicia  (unidas a unha de Madrid e outra do Bierzo) protagonizan dende a tarde deste xoves ata o domingo no paseo de A Foz da Ramallosa o ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival de toda a comarca adicado a súa degustación. O evento, pensado para un público moi familiar, traerá tamén unha ducia de foodtrucks con diferentes propostas culinarias e ofrecerá  tódolos días gran variedad de obradoiros, charlas, catas, actividades infantís ou unha ducia de concertos en directo (a maioría de grupos con raigame en Nigrán, como San Rockers, Off Room ou  Blue Monk). Organizado entre a marca ourensá Áncora, a nigranesa Trisk-Ale e o Concello de Nigrán, trátase da primeira vez que o evento abandona unha capital de provincia galega.

“Tódalas marcas terán prezos máis baratos que o habitual nestas cervexas, con como mínimo unha delas a 2 euros. Haberá para tódolos gustos: cervexa rubia tradicional, suaves ou ata de 12 graos, de castañas, con mel, chile…”, explica Esteban Loureiro, da firma Áncora, quen incide en que o obxectivo “é promocionar o consumo deste producto artesá, que conta no mercado con dúas marcas nigranesas xa consolidadas como Trisk-Ale e Vacaloura”.

O público asistente poderá votar a súa cervexa favorita para o concurso á mellor etiqueta do festival ou participar en charlas, obradoiros, nun curso de elaboración de cervexa artesá gratuíto (previa inscrición no mail cursodecervexa@gmail.com) ou nunha cata (7 euros/persoa en fillos.da.malte@gmail.com)… A oferta de ocio manterase durante os catro días nos que se desenvolva o festival (o xoves dende as 18.00 horas e o resto dos días de 13.00 a 02.00 horas, agás o domingo que é de 12.30 a 22.00 horas).

A programación polo miúdo pode consultarse no facebook Val Miñor Fest. As marcas de cervexa artesá que estarán presentes son Faxilda, Bubela, Santo Cristo, A cova da serpe, Trisk-Ale, Vacaloura, Belecker, Nos, Áncora, Nasa, Palecat, Saramagal e Kel´s.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.