spot_img
InicioVal MiñorGondomarA exposición fotográfica “De Pontevedra a Río 2016” chega a Gondomar

A exposición fotográfica “De Pontevedra a Río 2016” chega a Gondomar

exposicion-fotografica-pontevedra-rio-2016-chega-gondomarA Deputada de Deportes, Chelo Besada, mostrouse satisfeita pola “enorme acollida” da mostra, que chegará a arredor de 30 concellos da provincia

A Deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Chelo Besada, acompañada polo alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, inaugurou hoxe no edificio da Policía Local deste concello a exposición fotográfica “De Pontevedra a Río 2016”. Con esta mostra, a institución provincial estalle a render unha sentida homenaxe a todos e todas as deportistas tanto olímpicos e olímpicas como paralímpicos e paralímpicas que participaron na última edición dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos en Río de Xaneiro o pasado ano

A Deputada Chelo Besada asegurou que “desde o Goberno provincial queremos amosar o seu éxito, que xa reside simplemente en ter participado neles, porque é unha mostra de todo o que se pode conseguir na vida a través do deporte”. Chelo Besada afirmou que, con “De Pontevedra a Río 2016”, a Deputación de Pontevedra quere “que toda a sociedade pontevedresa lembre as súas caras e os seus nomes, xa que sería unha mágoa que caeran no esquecemento”. A Deputada provincial lembrou que “todas elas e todos eles levaron o nome da nosa provincia a un evento seguido por moitísimos millóns de persoas ao longo de todo o mundo, pero máis que en ningún lugar ten que ser na provincia de Pontevedra onde nos sintamos orgullosas e orgullosos da nosa canteira de deportistas, excelentes, profesionais e cun talento sobrenatural”.

A mostra poderase visitar desde hoxe mesmo ata o vindeiro domingo 27 de agosto na aula neural do edificio da Policía Local de Gondomar no seguinte horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00horas e de 18:00 a 20:00horas e, ademais, os sábados e domingos de 10:00 a 14.00 horas. Chelo Besada animou “a todos os veciños e veciñas de Gondomar a que se acheguen a participar do noso orgullo e a coñecer a toda esa xente que, dunha maneira ou doutra, contribúe a que a provincia de Pontevedra estea identificada coa excelencia”. A Deputada amosou “a miña satisfacción máis absoluta pola acollida que está a ter a mostra, que xa chegou a unha vintena de concellos desde o pasado mes de outubro e que, polo de agora, vai chegar a outra decena de concellos máis”. Chelo Besada asegurou que “os concellos que queiran solicitar a mostra aínda están a tempo”, e afirmou que “polo momento xa temos asegurado que a exposición seguirá percorrendo os concellos da nosa provincia, como mínimo, ata finais de novembro”.

Pola súa banda, o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, agradeceu “a implicación da Deputación de Pontevedra co noso concello que se materializa nesta ocasión con esta mostra” e asegurou que “non quixemos deixar pasar a oportunidade para que os e as deportistas de Gondomar e de toda a comarca veñan ver a exposición nesta contorna da nosa vila, na que o deporte ten un papel protagonista”.

“De Pontevedra a Río 2016”recolle os palmarés dos e das 16 deportistas que participaron nos últimos Xogos a través duns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas. Os 16 de “Río 2016” son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio SaavedraReinaldo, Fernando EchávarriErasun, María BernabeyAvomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la PuenteRiobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo NievesCampello, FrankCasañasHernández, AgustínAlejos Alonso, JeanMarieOkutuKouletio e Susana Rodríguez Gacio.

 

 

- Publicidade -spot_img