spot_img
InicioVal MiñorBaionaFernándo Echávarri e Tara Pacheco recollerán en Baiona o Premio Nacional de Vela...

Fernándo Echávarri e Tara Pacheco recollerán en Baiona o Premio Nacional de Vela ao mellor equipo olímpico

fernando-echavarri-e-tara-pacheco-recolleran-baiona-premio-nacional-vela-ao-mellor-equipo-olimpicoO galego FernándoEchávarri e a canaria Tara Pacheco recibirán o próximo mes de setembro en Baiona o Premio Nacional de Vela TerrasGauda ao Mellor Equipo Olímpico, un galardón que recoñece a súa espectacular traxectoria deportiva ao longo da última tempada.

Tras completar unha gran actuación nos Xogos Olímpicos de Río 2016, onde quedaron ás portas de laMedalRace, Echávarri e Pacheco volveron a España con ganas de seguir dándoo todo, e os podios fóronse sucedendo.

O pasado mes de xuño, a bordo do seu Nacra 17, fixéronse coa medalla de ouro da Copa do Mundo de Vela, disputada en Santander.Foi o seu terceiro ouro da tempada, tras as vitorias asinadas no Trofeo Princesa Sofía e na World Cup Series (SWC) de Hyéres (Francia).

Hai apenas uns días, en Kiel (Alemaña), o tándem Echávarri-Pacheco volveu subirse ao podio de gañadores, esta vezcomo subcampións de Europa de Nacra 17, nunha competición que se estreaba na navegación con foils.

Con todos estes logros ás súas costas, o pontevedrés de 44 anos FernándoEchávarri, campión olímpico con Antón Paz da clase Tornado; e a grancanaria de 28 anos, Tara Pacheco, campioa do mundo e europea de 470, recibirán o próximo mes de setembro un merecido recoñecemento á súa traxectoria máis recente.

Os Premios Nacionais de Vela TerrasGauda, organizados un ano máis polo Monte Real Club de Iates, distinguiranos como mellor equipo olímpico. A gala celebrarase o próximo 2 de setembro coincidindo co 32º Trofeo Príncipe de Asturias.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.