spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Escola Naval Militar recibirá o Premio Nacional de Vela TerrasGauda á...

A Escola Naval Militar recibirá o Premio Nacional de Vela TerrasGauda á institución do ano coincidindo co 300 aniversario da súa creación en 1717

A Escola Naval Militar de Marín foi distinguida este ano co Premio Nacional de Vela TerrasGaudaa a institución do ano polo traballo que realiza, desde fai tres séculos, na formación científica, humanística, militar e mariñeira dos oficiais da Armada española.

O xurado que outorga os galardóns quixo recoñecer tamén con este premio o que a Escola se haxa convertido, ao longo da súa historia, nun un dos principais xeradores de coñecemento científico en España, en materiastan relacionadas co mundo náutico como a cartografía, a meteoroloxía, a xeodesia, a enxeñería, a hidrografía, a oceanografía ou a astronomía, entre outras.

A Escola Naval Militar de Marín recibiráel galardón no ano no que se cumpre o 300 aniversario do seu nacemento, en 1717, cando o Intendente Xeral da Armada Patiño ordenou a súa creación baixo o nome de Real Compañía de Gardas Mariñas.

Desde entón, con diferentes denominacións e localizacións, a institución foi berce dos oficiais da Armada, e polas súas aulas pasaron as tres últimas xeracións da Familia Real española, sendo os seus alumnos Don Juan de Borbón, Don Juan Carlos de Borbón e o actual rei Felipe VI.
O Comandante Director da Escola Naval Militar, José María Núñez Torrente, será o encargado de recoller o Premio Nacional de Vela TerrasGauda á institución do ano nunha gala que se celebrará o próximo 2 de setembro en Baiona, coincidindo coa celebración do Trofeo Príncipe de Asturias, que organiza o Monte Real Club deYates.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.