spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño será pioneiro en Galicia autoxestionando as súas augas

Tomiño será pioneiro en Galicia autoxestionando as súas augas

tomino-sera-pioneiro-galicia-autoxestionando-as-suas-augasO Concello de Tomiño en colaboración con COXAPO, promove unha iniciativa que busca mellorar as instalacións de abastecemento de auga desde as traídas e será o primeiro concello de Galicia cun plan de potabilización da auga para todos os seus veciños e veciñas dende a autoxestión. 

O Concello de Tomiño está a desenvolver un novo plan de potabilización para mellorar a calidade das augas de abastecemento veciñal, xunto coa asociación COXAPO Galicia, que traballa dende o ano 2006 prestando apoio e asesoramento sobre a xestión das Traídas Veciñais no territorio galego.

Entre as actuacións previstas do Plan contémplanse accións de mellora sobre distintos puntos do sistema de abastecemento, tanto na fonte do recurso, os manantiais, coma nos depósitos de almacenaxe e nos sistemas de reparto, onde se inclúen tuberías, canalizacións, etc. Está previsto que os traballos comecen a finais do verán, modernizando e adaptando as instalacións ás novas necesidades da poboación.

O Concello de Tomiño será pioneiro en Galicia autoxestionando as súas augas, xa que será o primeiro en contar cun Plan de potabilización propio, salientando a importancia e a necesidade de ofrecer un servizo básico de calidade e con garantía sanitaria.

- Publicidade -spot_img