Os padeeiros Manu Garrido, Óscar Graña e Ramón Ferro do club Kaiak Tudense recibiron o Premio Deporte Tudense 2017 na categoría masculina, tras proclamarse subcampións do Mundo de Maratón, e medalla de bronce no Europeo en c1 no caso de Manu Garrido e en c2 no de Ramón Ferro e Óscar Graña. O premio na categoría feminina foi concedido ao equipo de Kaiak Polo do Club de Piragüismo Penedo Te Importa de Caldelas que o ano pasado lograron o título de campioas galegas e subcampioas de España.
Manu Garrido, Óscar Graña e Ramón Ferro na categoría masculina e o equipo de Kaiak Polo do Club de Piragüismo Penedo Te Importa na feminina Premio Deporte Tudense 2017
Tui homenaxeou o aos seus deportistas na sexta edición dunha Gala do Deporte Tudense que abarrotou o Teatro Municipal de Tui -Área Panorámica- poñendo así o broche final a un 2017 cheio de éxitos. Na súa intervención o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, subliñou a “boa saúde” do deporte tudense. O piragüismo foi un dos grandes protagonistas. O galardón a mellor deportista masculino de 2017 recaeu nos padeeiros Manu Garrido, subcampión do Mundo de Maratón e medalla de bronce no Campionato de Europa en C1, e Ramón Ferro e Óscar Graña, subcampións do Mundo de Maratón en C2 e medalla de bronce no Campionato de Europa.
A Gala do Deporte Tudense 2018 tamén homenaxeou aos deportistas que participaron en mundiais ou europeos durante a pasada tempada. Os galardoados foron Suso González, David Prada, Rodríguez Conde, Manuel Garrido, Iván Alonso, Óscar Graña, Ramón Ferro, Roi Rodríguez, Brais Casas, Emilio Llamedo, Sebastián Delgado, Rubén Millán, Daniel Durán, Aarón Diéguez, Iñaki López, Enrique Míguez, Óscar Carreira, Pedro Areal, Gustavo Rodríguez, Adrián Malheiro e Avelino Martínez. Por último, o equipo feminino de baloncesto, o Tyde 82/83, Manuel Pérez Antón Fonterosa e María del Carmen Fernández Cabaleiro recibiron o recoñecemento honorífico á súa traxectoria deportiva.
O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a deputada de Deportes, Chelo Besada, o vereador de deportes de Valença, José Monte, o concelleiro de deportes de Tui, Andrés Urseira, así como os membros da Corporación municipal, entre outras autoridades. O xurado estivo composto por Beatriz González, profesora de Educación Física do CEIP Nº2 de Tui e ex responsable das Escolas Deportivas do Club Balonmán Tui, Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico, José Manuel Quintana, ex directivo e ex responsable das Escolas Deportivas do Tyde F. C., Marisa Giráldez, deportista de varias modalidades e presidenta do Club Badminton Tui e Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense.
Fuente//Concello de Tui
[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]



