Inicio Pontevedra Baixo Miño Escolares de Tomiño aprenden a cumprir as normas de seguridade viaria

Escolares de Tomiño aprenden a cumprir as normas de seguridade viaria

escolares-tomino-aprenden-cumprir-as-normas-seguridade-viariaA Anpa do CEP Pedro Caselles do concello de Tomiño, solicitou á DGT impartir esta actividade na que colaboraron Policía Local, Garda Civil e Protección Civil

Concienciar aos rapaces e rapazas sobre os riscos aos que se enfrontan na estrada e sobre a necesidade de cumprir as normas para evitar accidentes. Ese é un dos obxectivos do programa de seguridade viaria que se estivo a desenvolver durante toda esta semana no CEP Pedro Caselles Beltrán, unha serie de actividades didácticas impartidas pola DGT en colaboración coa Policía Local de Tomiño, a Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil para ensinar e concienciar aos máis de 200 estudantes cos que conta o centro.

Trátase dunha actividade proposta e organizada dende a Anpa deste centro educativo para tentar inculcar aos nenos e nenas de entre 6 e 12 anos as normas de tráfico, “xa que moitos aínda non respectan cousas básicas e vese no propio circuíto disposto no patio, sáltanse semáforos, collen as rotondas ao revés…”, explica Viviana Mariño, presidenta da Anpa.

Durante catro días, o alumnado do CEP Pedro Caselles participou por quendas en charlas formativas nas aulas que remataron cos nenos e nenas demostrando todo o aprendido a través de distintos xogos nos que ían intercambiándose para representar os roles de peóns e de condutores nun circuíto recreado no patio do centro. Os axentes foron corrixindo e explicando aos rapaces e rapazas, que se puxeron no papel dos condutores con bicicletas e mesmo con karts, traídos pola Garda Civil de Tráfico para os e as estudantes de 5º e 6º de primaria.

É a primeira vez que a Anpa organiza unha actividade destas características, aínda que esperan poder repetila en vindeiras edicións. Dende a Anpa queren destacar a colaboración tanto da dirección e do profesorado de todo o centro como do Concello de Tomiño para poder levar adiante estas xornadas formativas.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies