spot_img
InicioPontevedra e ÁreaMáis de 800 participantes de tódalas idades daranse cita na VII Corre...

Máis de 800 participantes de tódalas idades daranse cita na VII Corre X Salceda

Máis de 800 participantes de tódalas idades daranse cita na VII Corre X SalcedaO vindeiro domingo 6 de maio Salceda de Caselas acollerá a VI edición da carreira
popular que cada ano percorre o municipio, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas.
Baixo o nome “Corre X Salceda”, a proba servirá para que os participantes poidan
coñecer os espazos naturais de Salceda, así como os diferentes tramos de sendas polos Ríos Caselas, Lagoela e Landres.
Para a categoría absoluta, con saída ás 10:30, os/as participantes poden elexir entre
facer 5 ou 10 km. Os/as nacidos/as entre 2004 e 2006 terán un circuito de 2.500 metros, 1.000 metros para os/as nacidos/as entre 2.007 e 2.009, 500 metros para os/as nacidos/as entre 2.010 e 2.012, 150 metros para a categoría “Pitufos A”, que engloba aos nenos e nenas nacidos entre 2.013 e 2.015, e 100 metros para os “Pitufos B”, nacidos en 2.016 e 2.017 . Todas as categorías realizarán a súa saída dende a Praza do Concello. Ademáis, no caso das categorías inferiores, todas elas contan con un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.
Atletas chegados/as dende toda a xeografía galega teñen confirmado xa a súa presenza nesta proba, que cada ano está contando con máis de 800 participantes. Para poder inscribirse pódese facer a través da páxina www.deportesalceda.gal, aboando unha cuota de 7 euros para as categorías absolutas, e coa aportación de productos de desaiuno para o
Programa de Alimentos Municipal as categorías inferiores. Os dorsais poderanse recoller o
venres 3 no Decathlon de Puxeiros, o sábado 4 no Pavillón de Deportes de Altamira e o mesmo domingo 5 no Auditorio Municipal.
Os/as participantes recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa da proba,
así como a opción de conseguir os trofeos que se entregarán en cada unha das categorías.
Máis de 40 persoas voluntarias garantirán o correcto desenrolo da proba baixo a dirección da Policía Local, encargándose da loxística, control de cruces, avituallamento, entrega de dorsais, etc. Así mesmo, o Concello conta tamén coa colaboración de diversos clubes da localidade e con persoal de Protección Civil de diversos Concellos.
Carla Pérez Concelleira de Deportes, “agardamos que centos de deportistas acudan ao
evento para disfrutar e coñecer do noso entorno a través dunha actividade tan saudable.
Agradecemos especialmente a colaboración de Luis Manuel Rodríguez Cabaleiro, figura
fundamental na organización deste evento”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, “Salceda acollerá unha vez máis a
deportistas chegados dende todo o País. Os nosos espazos naturais serán o mellor escenario nesta proba que, ademáis de medir as forzas dos/das participantes, servirá tamén para seguir a dar a coñecer o noso Concello e, sobre todo, a enorme hospitalidade da nosa xente”.
- Publicidade -spot_img