Inicio Pontevedra Louriña 'Canto Conto' o festival infantil organizado polas Marimiñas e Reviravolta Productións  cumpre...

‘Canto Conto’ o festival infantil organizado polas Marimiñas e Reviravolta Productións  cumpre catro anos

'Canto Conto' o festival infantil organizado polas Marimiñas e Reviravolta Productións  cumpre catro anos A cuarta edición do festival organizado polas Maimiñas e Reviravolta Producións celebrarase o vindeiro 12 de maio na Pesqueira

Esta mañá As Maimiñas xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, presentaron no Parque da Pesqueira, a IV Edición do Festival Canto Conto.

O festival infantil celebrarase na mesma zona da Pesqueira, parroquia de Mos, -no Paseo do Río Louro- o domingo 12 de maio.

Esta terceira edición contará coas actuacións de Magín Blanco e a Banda das Apertas ás 12.00 horas, Pakolas ás 16.00 horas, Os Bolechas ás 17.00 horas e O Viravai con “Paio e o poder da música” ás 18.30 horas.

Ás 13.00 horas organizarase unha andaina polo Paseo do Río Louro a cargo de Mai e Miña, As Maimiñas, e ás 14.00 horas dará comezo a comida campestre. Durante todo o día realizaranse obradoiros de arxila, práctica de infinidade de xogos populares; e haberá hinchables e karts.

O Festival Canto Conto é un evento dirixido ao público infantil e familiar organizado por Reviravolta Producións e As Maimiñas. Celébrase no Concello de Mos dende o ano 2016.

Na pasada edición foron máis de cinco mil persoas as que pasaron por Mos para desfrutar dun día en familia. Como o seu nome indica, neste festival teñen especial importancia os contos e a música, plasmados en contadas maxistrais e concertos de música en directo que, xunto con obradoiros e xogos, fan a delicias de nenos e maiores durante todo o día.

Ademais dos contos e concertos os nenos e nenas participan en diversos obradoiros, onde dan vía libre á súa imaxinación e aprenden cousas divertidas.

Outro dos grandes protagonistas do Canto Conto son os concertos. En anteriores edicións estiveron grandes grupos e artistas como A Gramola Gominola, O Viravai (que regresa nesta ocasión), Xulio Lorenzo, As Maimiñas, Mamá Cabra, María FumaÇa, Paco Nogueiras, Uxía Lambona e a Banda Molona…

O festival é tamén un bo xeito de achegar aos nenos e nenas ao mundo da arte, por iso durante o mesmo os propios cativos son autores de grandes obras de arte.

Nun evento como o Canto Conto cobran especial importancia a lectura e os libros como elemento de unión entre xeracións. Con espazos adicados a tal fin.

O Canto Conto é un festival para desfrutar todo o día, e para que non se preste ningún momento para o aburrimento, tanto para nenos como para pais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies