Inicio Pontevedra A bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha abrirán as...

A bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha abrirán as portas dos castelos de Soutomaior e Sobroso na nova edición das visitas teatralizadas

A bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha abrirán as portas dos castelos de Soutomaior e Sobroso na nova edición das visitas teatralizadasCarmela Silva informou de que o próximo luns ábrese o prazo para reservar as 400 prazas ofertadas para ambas as dúas actividades que desenvolveranse nos meses de maio e xuño

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da posta en marcha dunha nova edición das visitas teatralizadas nos castelos de Soutomaior e Sobroso. Nesta ocasión serán as personaxes da bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha as que “permitirán afondar na historia destes dous recintos históricos de maneira interactiva, innovadora, divertida e estimulante”. A presidenta tamén indicou que o prazo de inscrición para participar nestas actividades, que se celebrarán nos meses de maio e xuño, abrirase o vindeiro luns 29 de abril ás 9:00 horas e pecharase o 9 de maio.

“O interese que esperta esta iniciativa está a ser espectacular porque as prazas remátanse en horas”, engadiu Silva. De feito, ofértase case 400 prazas, sendo 80 delas para as visitas a Sobroso e as 300 restantes para Soutomaior. Ademais, o aforo para o primeiro castelo será de 20 persoas por visita mentres que, en Soutomaior, será de 30 persoas. Tamén, a presidenta quixo facer fincapé en que “este tipo de iniciativas promoven a desestacionalización do turismo, posto que estas actividades terán lugar en maio e durante os primeiros días de xuño”, explicou a presidenta. En concreto, celebraranse os días 10, 11 e 12 de maio no Castelo de Sobroso e, no de Soutomaior, serán os días 5, 12, e 19 de maio, e os días 1,2 e 8 de xuño.A bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha abrirán as portas dos castelos de Soutomaior e Sobroso na nova edición das visitas teatralizadas

Máis polo miúdo, en Soutomaior será a bufona Burlona a que se encargará de abrir as portas do Castelo. “Presentará a cabaleiras e cabaleiros, cociñeiras e cociñeiros, xograresas e xograres, pantasmas e, este ano, a unha nova personaxe: Teresa de Távora”. A presidenta explicou que se trata da muller de Pedro Madruga, “unha muller que xogou un papel moi activo nos conflitos e alianzas da nobreza galega, ata o punto de recuperar os bens que o Rei de Castela lle retirara a Madruga”. Así, da man de Teresa de Távora, descubrirase “un novo punto de vista do castelo, divertido e interactivo”.

En Sobroso, a visita correrá ao cargo da pantasma Sancha a través dun xogo de pistas para as familias. “Ela soña con escapar do Castelo pero, para facelo, precisa de tres obxectos que están agochados tras os muros e historias de Sobroso”, contou Silva. Así, as persoas visitantes que axuden a Sancha a recuperar os seus obxectos, tamén “realizarán unha ruta polos muros da fortificación, coñecerán que personaxes habitaron o castelo e que historias aconteceron no seu recinto e nas súas inmediación”.A bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha abrirán as portas dos castelos de Soutomaior e Sobroso na nova edición das visitas teatralizadas

Por último, as persoas interesadas nas visitas teatralizadas en Sobroso poderán anotarse a partir do vindeiro luns enviando un correo electrónico a paseapontevedra@gmail.com  indicando o nome e apelidos, o DNI e un teléfono de contacto. As que queiran participar nas de Soutomaior, poderán adquirir as entradas en www.castelodesoutomaior.com.

Éxito de visitantes en Semana Santa

A presidenta tamén aproveitou para informar de que “dende o martes 16 de abril e ata o pasado domingo, 21 de abril, visitaron os castelos de Soutomaior e Sobroso preto de 2.000 persoas. En concreto, 1.300 o primeiro dos monumentos históricos e 700 o segundo. Ademais, Silva indicou que “a porcentaxe maioritaria de persoas que se achegaron aos castelos foron galegas, seguidas de madrileñas, vascas e casteláns. Tamén se detectou unha notable chegada de persoas de Reino Unido e Francia”.

Silva tamén quixo poñer en valor que “a maioría das persoas que visitaron os castelos foron familias con nenos e nenas, o que nos demostra que estamos conseguindo converter estas xoias do patrimonio nun gran centro do turismo familiar, que é potentísimo. Ademais, hai unha iniciativa en Soutomaior que está tendo un éxito espectacular e é o proxecto de seguir as pistas para converterse en “Detectives do Castelo”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies