spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaMáis de 80 persoas participaron no Certame de Microrrelatos da Guarda 2018

Máis de 80 persoas participaron no Certame de Microrrelatos da Guarda 2018

mais-de-80-persoas-participaron-no-certame-de-microrrelatos-da-guarda-2018O Certame de Microrrelatos 2018, organizado pola Concellería de Cultura do Concello da Guarda con motivo do Día Internacional do Libro, culminou a pasada semana coa entrega de premios. Un total de 84 persoas participaron nesta terceira edición do particular concurso, no que todos e todas as participantes recibiron un agasallo.

A concelleira de Cultura, María Elena Baz, presidiu o acto de recepción dos participantes e a entrega de premios, que se celebrou o pasado venres no Centro Cultural. Alí, congregáronse preto de medio centenar de participantes -principalmente, alumnas e alumnos dos centros de ensino primario da Guarda-, que recibiron da edil un diploma no que se recoñece a súa participación no certame, dous libros e un bolígrafo como recompensa polo seu traballo en prol da cultura.

Todos os microrrelatos poderán contemplarse no Centro Cultural ata o 14 de maio no horario de apertura habitual do Centro Cultural, isto é, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 horas os sábados.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.