spot_img
InicioBaixo MiñoA 11ª edición do Encontro Cultural Federación de Asociacións Terra Miño, reunirá...

A 11ª edición do Encontro Cultural Federación de Asociacións Terra Miño, reunirá en Tomiño a unha decena de grupos de música tradicional

o-encontro-cultural-federacion-de-asociacions-terra-mino-reunira-na-sua-11a-edicion-a-unha-decena-de-grupos-de-musica-tradicionalO Encontro Cultural Federación de Asociacións Terra Miño, reunirá na súa 11ª edición, a unha decena de grupos de música tradicional. O evento terá lugar na Casa da Cultura de Tomiño o vindeiro sábado a partir das cinco da tarde

O Encontro Cultural Federación de Asociacións Terra Miño chega a súa 11ª edición. Para celebralo, as asociacións O Árbore e Xanela reunirán, o vindeiro sábado 28 de abril, entre as 17.00 e 21.00 horas, unha decena de grupos de música tradicional; entre eles,  Airiños Novos de Pinzás, Coro Orballo de Currás, Pandereteiras de Sobrada, Pandereteiras do Aloia, Grupo de Acordeóns de Forcadela, Grupo Folclórico Cacharela de Taborda e Coro Cantares de Tebra.

Serafín Rodríguez Barreiro, presidente da Federación, explica que este décimo primeiro encontro ten coma obxectivo principal, que o traballo das diferentes asociacións e grupos se coñeza. “A nosa prioridade é tratar que os veciños se reúnan periodicamente para intercambiar puntos de vista e ver o traballo dos demais, e con iso, fomentar a boa convicencia entre todas as entidades”, comenta.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.