spot_img
InicioBaixo MiñoMáis de 500 persoas participarán no VI Desafío Terras de Turonio, a...

Máis de 500 persoas participarán no VI Desafío Terras de Turonio, a gran cita do ciclismo de montaña por parellas

Máis de 700 deportistas, de todas as idades, encheron de color as rúas de Tomiño esta fin de semanaA proba celebrarase o sábado 4 de maio e terá dous percorridos, un de 60 e outro de 103 km. A saída, ás 09.00 h da Praza do Seixo

Chega unha nova edición do maratón de BTT por parellas máis importante do norte de España. A sexta edición do Desafío Terras de Turonio chegará ao centro de Tomiño o vindeiro sábado 4 de maio con récord de inscritos: un total de 516 persoas de distintos puntos de España e Portugal participarán na gran cita do ciclismo de montaña de longa distancia por parellas.

Organizado pola firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, o obxectivo desta proba é “pasalo ben, desfrutar do día e das marabillosas paisaxes que imos a atopar durante todo o percorrido”. A carreira tamén conta co patrocinio de Powerade, Xtrembike e Bodegas Altos de Torona.

O punto neurálxico da organización estará situado na Praza do Seixo, punto de saída e meta e onde se colocará a zona de comida, de masaxes ou de entrega de premios, entre outras. Os ciclistas sairán do corazón de Tomiño para enfrontaranse a un percorrido que os levará pola serra da Groba ou Chan da Lagoa, con picos de importantes desniveis e puntos de dificultade 5, como a subida Canteras ou o tramo ‘Camiño de Cabalos’.

A saída será ás 09.00 horas e a duración da proba variará dependendo dos participantes, aínda que a media de duración son seis horas. Para facer que os participantes poidan desfrutar da proba sen contratempos habilitaranse diversos puntos de avituallamento.Máis de 500 persoas participarán no VI Desafío Terras de Turonio, a gran cita do ciclismo de montaña por parellas

O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, recordaba esta mañá durante a presentación no Concello de Tomiño “o éxito crecente desta proba, que cada ano suma máis e máis participantes. Ver a saída con máis de 500 bicicletas dende o centro de Tomiño será un espectáculo único”. Lembrou tamén que durante todo o día, de 07.00 a 18.00 h, a rúa A Guarda permanecerá pechada ao tráfico para o correcto desenvolvemento da proba.

- Publicidade -spot_img