spot_img
InicioVal MiñorGondomarMáis de 400 judokas participaron en Gondomar na primeira xornada da Fase...

Máis de 400 judokas participaron en Gondomar na primeira xornada da Fase Sur de Xogajudo

mais-de-400-judokas-participaron-en-gondomar-na-primeira-xornada-da-fase-sur-de-xogajudo

Procedentes de Santiago e de varios municipios das provincias de Ourense e Pontevedra, máis de 400 judokas déronse cita onte no Pavillón Municipal de Deportes de Gondomar na I Xornada  da Fase Sur Alevín e Infantil do XOGAJUDO que organizou a secretaría xeral para do Deporte da Xunta, en colaboración coa concellería de Deportes do Concello de Gondomar e a Federación Galega de Judo.

O evento, que se organiza por terceiro ano consecutivo en Gondomar foi presenciado por ao redor de 1.200 afeccionados. A xornada foi seguida en directo polo Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, así como o Xefe do Servizo Provincial para o Deporte da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides Alonso que ao finalizar o evento fixeron a entrega de medallas a estas novas promesas do deporte galego.

Actualmente, en Gondomar unha trintena de nenos e nenas fórmanse nesta disciplina deportiva e adestran cada venres na Escola Deportiva que promove a Deputación de Pontevedra

mais-de-400-judokas-participaron-en-gondomar-na-primeira-xornada-da-fase-sur-de-xogajudo

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.