spot_img
InicioGaliciaRespaldo unánime do Parlamento de Galica para incorporar o Calixtino ao rexistro...

Respaldo unánime do Parlamento de Galica para incorporar o Calixtino ao rexistro da UNESCO

respaldo-unanime-do-parlamento-de-galica-para-incorporar-o-calixtino-ao-rexistro-da-unesco

A Unesco dispón dun rexistro que leva por nome Memoria do Mundo. O propósito desta lista é compilar os arquivos históricos, gravacións e obras documentais de especial interese para a humanidade, como o prego orixinal da Declaración dos Dereitos do Home de 1789, aprobada en Francia tras a toma da Bastilla, ou oTratado de Tordesillas de 1494, mediante o cal España e Portugal se repartiron o mundo.

Galicia non está, pero o Parlamento galego avala que se emende a falta, pois onte aprobou por unanimidade unha iniciativa instando á Xunta «a propiciar contactos» a todos os niveis para que a Unesco incorpore o Códice Calixtino.

E é que se hai algún documento que contribuíse a situar a Galicia no centro, senón do mundo, si polo menos da cristiandade, sen dúbida é o citado manuscrito do século XII que narra a translación do apóstolo Santiago e o descubrimento da súa tumba, á parte de ser a primeira guía de viaxe jacobea.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.