spot_img
InicioBaixo MiñoMáis de 250 vespas participarán na VII Volta en Vespa e Lambretta

Máis de 250 vespas participarán na VII Volta en Vespa e Lambretta

Este domingo, 28 de maio, a partir das 13.00 horas, chegará a Tui a “VIII Volta en Vespa e Lambretta”, organizado por Vespamiñor Scooter Club, que concentrará no Paseo da Corredoira a máis de 250 motos.

Os participantes do evento, que sairán ás 11.00 horas, dende a praza de San Campio de Ramallosa, en Nigrán, chegarán a Tui e realizarán unha visita guiada pola zona monumental, continuando despois ata Gondomar, onde rematará o evento.

A organización, entre os inscritos, xa ten confirmados a máis de 70 vespistas do norte de Portugal, dos clubes de Braga, Barcelos, Guimaraes, Povoa de Varzim, Maia, Felgueiras, Vila do Conde e Gaia. Así mesmo, acudirán motoristas de toda Galicia, así como catro participantes de Almería e dous de Asturias.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.