
Unha semana despois da primeira copa do mundo disputada en Montemor (Portugal), chega outra competición internacional con presenza galega nas filas do equipo nacional, que se desprazou ata a Szeged (Hungría) para competir este fin de semana próximo.
Nesta segunda cita do ano, competirán na modalidade individual os padeeiros do Kaiak Tudense Roi Rodríguez e Brais Casás, así como Carlos Arévalo da Náutico Ría de Betanzos. O primeiro tomará a saída nas probas de K1 1000 e 500 metros, a primeira toma de contacto coa competición tena o venres 26 ás 8:24 da mañá coa disputa da segunda serie, o padeeiro de Tui buscará terminar entre os seis mellores para poder pasar ás semifinais, xa pola tarde participará na proba de 500 metros. Do mesmo xeito, o betanceiro Carlos Arévalo participará no K1 200 metros, a súa andaina comezará a partir das 17:36 horas.
Pola súa banda Brais Casás acode á competición húngara co obxectivo de conseguir estar entre os dous mellores, para poder así asegurarse a súa participación no campionato de Europa do mes de Xullo, a súa participación comezará a partir das 8:54.
Seguindo cos barcos dobres, ata cinco padeeiros tomarán a saída na pista de olímpica de Szeged. Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, ambos os integrantes do Piragüismo Poio, participarán no C2 1000 metros, Sieiro anunciaba a semana pasada que por motivos de horarios renunciaba á proba do C1 no campionato de Europa para centrarse precisamente nesta modalidade. A dupla de Poio iniciará a súa participación ás 11:13 horas.
Ademais, o Kaiak masculino terá representación no K2 500 metros, coa presenza de Óscar Carreira e Rodrigo Germade, compañeiros de equipo no Club Náutico Ría de Betanzos. O seleccionador nacional tamén quixo que estes dous kayakistas atópense nas formacións das dúas embarcacións K4 que competirán na distancia de 500 metros. Así ben, Germade montarase con Carlos Arévalo e os dous campións olímpicos Cristian Toro e Marcus Cooper. Pola súa banda Carreira competirá formando barco con Carlos Garrote, Juan Oriyés e Íñigo Pena.
A participación galega complétase coa deportista do Club Náutico Pontecesures Camila Morison que competirá no K2 500 metros formando parella con Laia Pelach. Ambas empezarán a competir na tarde do venres a partir das 18:06.
Este evento poderase seguir en directo a través da canle de youtube da federación internacional así como na web do campionato.
https://www.youtube.com/user/canoekayaktv
http://szeged2017.com/
http://szeged2017.com/downloads/timetable.pdf
http://szeged2017.com/downloads/startlist.pdf



