spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona completa a humanización da rúa Cidade de Vigo e inicia ...

Baiona completa a humanización da rúa Cidade de Vigo e inicia a segunda fase das obras de para renovar tamén a rúa Laureano Salgado

baiona-completa-a-humanizacion-da-rua-cidade-de-vigo-e-inicia-a-segunda-fase-das-obras-de-para-renovar-tamen-a-rua-laureano-salgadoO Concello de Baiona finalizou a reforma da rúa Cidade de Vigo e iniciou de inmediato a segunda fase das obras de humanización para renovar tamén a rúa Laureano Salgado. Os traballos de fresado comezaron esta mesma semana e o prazo de execución é de catro meses.

A humanización da rúa Cidade de Vigo quedou rematada esta mesma semana co pintado e sinalización despois de que en días anteriores fora instalado o mobiliario urbano e as zonas verdes, así como os novos colectores do lixo.

“A renovación da rúa era moi importante para o municipio por ser unha das vías principais de saída e con esta actuación sumaremos outros 2.044 m2 humanizados aos que posteriormente haberá que engadir o das rúas Laureano Salgado e Marqués de Quintanar”, apuntou o alcalde, Ángel Rodal, durante a visita realizada este mércores á rúa Cidade de Vigo xunto ao seu equipo de goberno e os responsables da reforma.

O orzamento da execución das obras ascendeu a 616.606 euros, pero o custe das obras non supuxo ningún gasto a maiores para o Concello ao estar asumido pola nova empresa adxudicataria do servizo de abastecemento da auga, Gestagua.

As obras inclúen a renovación de redes de abastecemento e acometidas domiciliarias, renovación da rede de abastecemento do Parador de Turismo; instalación de rede de pluviais e de acometidas a edificios e sumidoiros; renovación da rede de alumeado público, pasando a instalar iluminación led; renovación e ampliación das redes de electricidade de Fenosa; instalación de rego e xardinería; adecuación das instalacións de telecomunicacións e gas; colocación de equipamento e mobiliario urbano; repavimentación da rúa e sinalización.

Este martes xa comezaron tamén os traballos na rúa Laureano Salgado co fresado do asfalto e a zona quedou por tanto pechada ao tráfico. O prazo de execución da obra é de catro meses. Polo momento queda aberta á circulación a rúa Carabela Pinta para facilitar a mobilidade dos veciños, comerciantes e transporte de mercadorías.

- Publicidade -spot_img