spot_img
InicioPontevedra e ÁreaMáis de 160 investigadoras e investigadores están traballando a pleno rendemento no...

Máis de 160 investigadoras e investigadores están traballando a pleno rendemento no MTI da Universidade de Vigo

mais-de-160-investigadoras-e-investigadores-estan-traballando-a-pleno-rendemento-no-mti-da-universidade-de-vigoHoxe foi naugurado o  Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial, MTI, un acto que estivo presidido pola secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela e que contou coa presenza, entre outros, do reitor electo, Pachi Reigosa, acompañado de parte do seu equipo de goberno, así como do equipo actual de Salutiano Mato e unha representación da comunidade universitaria.

Non foi ata este mes de abril de 2018 que se completou o proceso de ocupación por parte das e dos integrantes dos catorce grupos de investigación. Construído entre os años 2007-2013, foi en 2016 cando comezou o traslado das e dos 168 investigadores, que integran os catorce grupos dos ámbitos da enxeñaría industrial e da enxeñaría da minas e da enerxía, que ocupan a día de hoxe os preto de 4000 m², distribuídos en catro plantas, do MTI. Presidido pola secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela, acompañada polo reitor en funcións da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, este mediodía celebrouse na entrada no edificio o acto de inauguración do edificio, deseñado polo arquitecto vigués Alfonso Penela. Un acto que contou coa presenza do reitor electo, Pachi Reigosa, acompañado de parte do seu equipo de goberno, así como do equipo actual de Salutiano Mato e unha representación da comunidade universitaria.

mais-de-160-investigadoras-e-investigadores-estan-traballando-a-pleno-rendemento-no-mti-da-universidade-de-vigo“Gústame inaugurar edificios cheos de persoas e tecnoloxía, coma este. Non caixas valeiras, senón cheas de ciencia”, asegurou Carmen Vela na súa intervención en relación co edificio que cualificou de “emblemático”. Pola súa banda, o reitor en funcións, Salustiano Mato, agradeceu o traballo desenvolvido polas persoas que participaron neste proxecto, que lembrou, comezou co reitor Domingo Docampo, e ao que se referiu como “un chanzo importante para a investigación e a transferencia no ámbito tecnolóxico e industrial”. Na mesma liña, o conselleiro Román Rodríguez, asegurou que “o MTI será una centro de investigación de referencia en tecnoloxía industrial”, que afirmou está chamado a servir á sociedade a través da investigación e a transferencia tecnolóxica.

Preto e 170 investigadores, 14 grupos e tres grandes ámbitos de traballo

Creado para dar soporte e fomento aos labores de investigación, desenvolvemento e transferencia no campo das tecnoloxías e procesos industriais, o Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial forma parte dos denominados centros de apoio á investigación da Universidade de Vigo. Un total de 14 grupos de investigación dos ámbitos da enxeñaría industrial e da enerxía de minas e da enerxía desenvolven o seu traballo no MTI e seis deses grupos acadaron a categoría de grupo de referencia competitiva e outros dous de grupo de potencial crecemento da Xunta de Galicia.

mais-de-160-investigadoras-e-investigadores-estan-traballando-a-pleno-rendemento-no-mti-da-universidade-de-vigoAs 168 persoas que día de hoxe traballan no centro, e das que 95 son doutoras e doutores, son titulares de 144 patentes e só en 2017 participaron en 23 proxectos, dez deles do programa H2020, por un valor de case 5 millóns de euros, realizando máis de 60 contratos con empresas por un importe de 1,9 millóns de euros e publicando 168 artigos en revistas (70% con índice de impacto Q1).

Smart-Energy, Industria 4.0 e Fábricas do Futuro (FdF); Novos materiais, valorización de recursos e residuos industriais son os grandes ámbitos de traballos das e dos investigadores que desenvolven o seu labor no centro. No caso da Smart-Energy realízase unha investigación multidisciplinar destinada a facilitar a transición cara un sistema enerxético fiable, sostible e competitivo para que a sociedade faga fronte aos retos do cambio climático. Polo que respecta á Industria 4.0 e FdF investígase e desenvólvense tecnoloxías esenciais (KET) que faciliten ao tecido industrial e produtivo situarse na contorna globalizada 4.0. En relación coa liña de novos materiais, valorización de recursos e residuos industriais o traballo céntrase en avanzar a través da I+D+i nun uso máis eficiente dos recursos e das materias primas, a redución de residuos e o desenvolvemento de materiais novos e avanzados.

Discursos marcados polos agradecementos

De “día feliz” cualificou Salustiano Mato a xornada de hoxe, na que agradeceu a implicación dos gobernos central e autonómico nun proxecto “laborioso e complexo ao servizo da comunidade universitaria e do mundo industrial”. O reitor en funcións, agradeceu expresamente “a loita de José Cidrás por poñer en marcha este proxecto; a paciencia de Asunción Longo para atender os requerimentos e o excelente traballo de Ángel Espada” e animou á comunidade universitaria sacar o máximo partido do centro.

Pola súa banda, o conselleiro agradeceu no seu discurso o traballo desenvolvido por Salustiano Mato durante os oito anos do seu mandato, en especial o realizado “para posicionar e defender á Universidade de Vigo en diferentes foros en toda Galicia”, ao tempo que deu a benvida a Pachi Reigosa con que augurou que desenvolverán un traballo “leal e positivo a prol da universidade e de Galicia”. Román Rodríguez incidiu na importancia que a tecnoloxía ten na sociedade actual e invitou ao mundo empresarial a contar co apoio da universidade “que é a fonte do coñecemento. Que a sociedade saiba que aquí ten un aliado para mellorala”.

Mentres, a secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela, gabou o proxecto desenvolvido pola Universidade de Vigo arredor dun centro “no que hai moito do que nós facemos en ámbitos como a smart-energy, a industria 4.0 ou a valorización de residuos”. Vela, que mesmo fixo unha chiscadela entre a similitude das siglas MTI co MIT, manifestou o seu orgullo por un país “no que se fai boa ciencia e mellor tecnoloxía” e nestes sentido lembrou os bos resultados que España está a obter na convocatoria H2020. En relación cos orzamentos do Estado que se están a tramitar, Vela asegurou que “non son bos, pero son mellores, ao rexistrar un incremento dun 5,4%, aínda que eu quería un 10 para utilizalo mellor”, afirmou Vela.

Mª del Carmen Echevarría e D.Besadío | UVigo

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.