spot_img
InicioVal MiñorNigránMáis de 150 profesionais estudan en Porto do Molle o futuro...

Máis de 150 profesionais estudan en Porto do Molle o futuro da economia do mar

Porto do Molle

Chegados de todas as rexións atlánticas peninsulares, máis de 150 profesionais reuníronse hoxe no Centro de Negocios de Porto do Molle para estudar as posibilidades que se abren ás empresas dentro do Plan de Acción do Atlántico para desenvolver novos proxectos consorciados cos que poder acceder a financiamento europeo para e con iso abrir negocios de futuro nos sectores mariño e marítimos.

Os workshop ?Somos Atlánticos? están impulsados polo Equipo de Apoio ao Plan de Acción do Atlántico, mecanismo da Comisión Europea encargado de dar difusión ao Plan de Acción do Atlántico. O Plan de Acción teñen como obxectivo presentar as prioridades do investimento e investigación nas rexións Atlánticas Europeas e o Equipo de Apoio encárgase de Plan de Acción do Atlántico, mostrar cal é o seu grao de desenvolvemento e facilitar a formación de consorcios para que poidan conseguir financiamento coa que desenvolver proxectos que vaian en liña coas prioridades do Plan de Acción. Con este obxectivo nace as serie de workshops ?Somos Atlánticos?, cuxa Esta terceira edición organizouse conxuntamente coa Axencia Galega de Innovación e centrouse en identificar aqueles retos emerxentes para o desenvolvemento da economía mariño e marítima na franxa Atlántica europea.

Como explicou a directora de promoción económica do Consorcio da Zona Franca, Rosa Eguizábal, realizar esta xornada en Vigo é elixir o lugar adecuado xa que aquí traballan seis centros de investigación relacionados co Mar, e alóxanse a Sede da Axencia Comunitaria de Control de Pesca e o Campus do Mar promovido polas tres universidades galegas, o CESIC e o Instituto español de Oceanografía. Ademais, e segundo datos de Ardán, en Galicia hai máis de 800 sociedades relacionadas coa Pesca que supoñen aproximadamente un 6% do VAB galego.

Neste evento de carácter nacional púidose concluír que dado que o mar non entende de fronteiras, débese favorecer a colaboración entre rexións identificando as fortalezas de cada unha delas e que a aproximación ao futuro dos sectores do mar require traballar nunha contorna internacional incrementando as sinerxias entre os sectores público e privado.

Nos diferentes relatorios tratouse da pesca e a acuicultura como sectores maduros cuxo futuro depende de estreitar vínculos coa ciencia e os investigadores. Xa que destes sectores depende gran parte do alimento, débese traballar para incentivar á mocidade en sectores como a pesca ou a enxeñería naval e marítima. Sectores como renovables mariñas e biotecnoloxía tamén foron abordados como sectores emerxentes que teñen por diante un amplo percorrido.

Ademais disto presentáronse diferentes instrumentos de financiamento que poden contribuír a financiar proxectos nos ámbitos mariño e marítimo como son ÉRAAS-NETS e o programa INTERREG Área Atlántica, cuxa convocatoria se pechou hai dúas semanas con máis de 400 proxectos presentados. A Autoridade Portuaria de Vigo mostrou tamén un caso práctico de como utilizar outro instrumento de financiamento dispoñible como é a Compra Pública Innovadora.

Pola tarde os asistentes, divididos en dous grupos de traballo, centraranse en Biotecnoloxía e en Renovables mariñas, dúas dos campos nos que se prevé maior percorrido os próximos anos.

- Publicidade -spot_img