spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello de A Guarda amosa o seu recoñocemento ás representantes das...

O Concello de A Guarda amosa o seu recoñocemento ás representantes das alfombras florais

recepción alfombras A GUARDA

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes recibiron esta mañá, as 10,30h no Salón de Plenos do Concello da Guarda, ás veciñas que se encargan de confeccionar as alfombras florais pola Festividade do Santísimo.

Deste xeito as autoridades locais quixeron amosar e deixar constancia do seu agradecemento e recoñecemento da labor que estas mulleres levan facendo, en moitos casos, durante máis de 30 anos por unha das festas máis representativas da Guarda.

O alcalde da Guarda salientou o traballo levado a cabo nas celebracións da Festividade do Santísimo deste ano, o pasado 29 de maio. Ante as adversidades meteorolóxicas as veciñas e os veciños tiveron que confeccionar as alfombras florais nun tempo récord. Normalmente comezan a facelas cara a noite do sábado anterior. Non obstante, este ano empezaron despois das 6 da mañá e, gracias ó seu incansable traballo, conseguiron rematalas a tempo para a Procesión do Santísimo.

Ademais, tanto dende o Concello como as propias mulleres mostráronse satisfeitas pola labor realizada ata agora e, en especial este ano, pero fan un chamamento para animar á mocidade guardesa a colaborar dende as semanas previas na confección das alfombras e así poder continuar esta tradición coas próximas xeracións.

- Publicidade -spot_img