‘Trampantojo dulce’ de La Crep álzase co premio á Mellor Tapa do Bai de Tapas 2016

Así o decidiu o xurado popular formado por todos os consumidores que realizaron a ruta mínima esixida e puntuaron as tapas.

‘Trampantojo Doce’ é unha sobremesa que consiste nunha crep con escuma de iogur e mango, simulando un ovo frito, que destaca pola súa orixinalidade e sabor. O seu creador, o restaurante La Crep, dirixido por Guillermo Salga e Rocío Cabral, repiten triunfo xa que foron os gañadores da anterior edición do concurso.

O segundo premio recaeu no ‘Dulce Canario’ do Restaurante Balneario e o terceiro no ‘Pato Confeitado’ do Mesón Jamonería Fidalgo.

Tamén se entregou unha mención especial ao establecemento mellor valorado polo xurado profesional, que recaeu tamén en La Crep, e outra á tapa mellor valorada a través da aplicación, que recaeu en ‘Dulce Mundo’ do Novos Aires.

baiona-quenta-motores-para-a-v-edicion-do-concurso-gastronomico-bai-de-tapas-que-comezara-o-proximo-28-de-abrilO resultado deuse a coñecer no acto de entrega de premios, realizado no Salón de Plenos do Concello de Baiona e presidido polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal, a concelleira de Turismo, Beatriz González, o presidente de Aceba, Marcos Comesaña, Fernando Carreira, representante de Adegas HGA e Fernando Haramoglis, de Disgobe Selección de Viños.

O acto comezou coa intervención da concelleira de Turismo, Beatriz González, que analizou os datos obtidos tras finalizar o concurso: ‘Bai de Tapas conseguiu uns excelentes números de vendas, con ao redor de 30.000 tapas servidas nos 28 locais. A maior afluencia rexistrouse durante o primeiro fin de semana de concurso e durante a ponte das Letras Galegas’. ‘O 54% dos participantes que completaron a ruta son de Baiona, o 31% de Nigrán, Vigo e Gondomar e o resto desde diversas localidades próximas ou de lugares como Madrid, Asturias, Benicassim, Pornic, Alemaña ou Estados Unidos, detectándose un aumento na participación de turistas no concurso’.

Marcos Comesaña, presidente de Aceba, quixo agradecer ‘a participación, tanto dos locais como dos consumidores, pezas fundamentais no éxito desta edición de Bai de Tapas’

Fernando Carreira, representante das Adegas HGA, agradeceu a confianza posta nas súas adegas para o patrocinio deste evento. Pola súa banda, Alejandro Lamas, da aplicación ‘Quedamos de Tapas’ explicou que, segundo os datos recompilados, a aplicación tivo máis de 20.000 visitas durante o concurso.

Para finalizar, Anxo Rodal agradeceu aos locais a súa participación, a Aceba e ás adegas a súa colaboración, imprescindible para levar a cabo o evento, pero, sobre todo, aos consumidores que participaron na ruta.

Neste acto entregáronse tamén os premios do sorteo que se realizou entre os consumidores, cortesía dos establecementos participantes, ademais do primeiro premio, unha bicicleta Charleston clásica, achegado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, que foi para Beatriz García Da Pena Aramburu.

Os patrocinadores do concurso, Adegas HGA, Adegas Escudeiro e Disgobe Selección de Viños entregaron tamén diversos premios. Por unha banda, fixeron entrega a Carlos Seoane, de Nigrán, dunha estancia completa no Talaso Augas Santas de Monforte , e doutra banda entregaron dúas botellas Magnum de viño e un bono do Talaso Atlántico aos locais gañadores do premio á Mellor Tapa.

 

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies